Stella Mwangi
![]() (2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1986 ![]() Nairobi (Kenya) ![]() |
Outros nomes | Stella Mwangi ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, modelo, cantautora, pianista, guitarrista, rapeira ![]() |
Período de actividade | 2011 ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Tesitura | Contralto ![]() |
Instrumento | Piano e voz ![]() |
Participou en | |
10 de maio de 2011 | Festival de Eurovisión 2011 ![]() |
Sitio web | stellamwangi.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Stella Nyambura Mwangi[1] nada en Nairobi (Kenya) o 1 de setembro de 1986, é unha cantante, compositora e rapeira norueguesa. Tamén é coñecida polo nome artístico "STL".
Traxectoria
Mwangi comeza a practicar cantando cando tiña apenas oito anos de idade e ademais de cantar tamén toca o piano. Escribe música que fala da situación no seu país de orixe, Kenya, e da discriminación que tanto ela como a súa familia tiveron que soportar despois de mudarse a Noruega en 1991. Traballou en filmes como American Pie Presents: The Naked Mile e Save the Last Dance 2. Tamén apareceu en series de televisión tales como CSI: NY e Scrubs. Gañou varios premios entre os que se inclúen o Premio Kisima, Clops Premios e distincións Jeermaan.
Actualmente é unha das cantantes máis populares en Noruega despois de gañar o Melodi Grand Prix 2011, pero o seu éxito espallouse por Kenya, Senegal e Gambia. Está casada con Mads Rieverfield.
Festival de Eurovisión 2011
En 2011, Mwangi participou na selección nacional de Noruega para representar ó país no Festival de Eurovisión 2011, que se celebrou en Düsseldorf, Alemaña. O 12 de febreiro de 2011, Mwangi emerxeu como a gañadora. O 10 de maio, representou a Noruega coa canción "Haba Haba", pero non puido clasificarse para a final de Eurovisión a pesar de ser unha das grandes favoritas do concurso. Stella liderou a lista oficial de sinxelos en Noruega na semana 6 de 2011 coa súa canción gañadora "Haba Haba".
Discografía
Álbums musicais
Ano | Notas |
---|---|
2008 | Living for Music
|
2011 | Kinanda
|
Sinxelos
Ano | Título | Posicións | Álbum musical |
---|---|---|---|
NOR [2] | |||
2007 | "Take It Back" | — | Living for Music |
2010 | "Smile" | — | Kinanda |
2011 | "Haba Haba" | 1 |
Notas
- ↑ STL MUSIC Stella Nyambura Mwangi Brønnøysund Register Centre
- ↑ "Norwegian Charts > Stella Mwangi". norwegiancharts.com Hung Medien.