Sully (filme)
Sully | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sully |
Director | Clint Eastwood |
Produtor |
|
Guión | Todd Komarnicki |
Baseado en | Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow |
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Tom Stern |
Montaxe | Blu Murray |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Telluride: 2 de setembro de 2021 9 de setembro de 2021 8 de xullo de 2020 (TVG) |
Duración | 96 minutos[1][2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama e biográfico |
Orzamento | 60 millóns de dólares[3][4] |
Recadación | 240,8 millóns de dólares[5] |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/sully | |
|
Sully (tamén coñecido como Sully: Miracle on the Hudson)[6] é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Todd Komarnicki, baseado na autobiografía Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow. Tom Hanks interpreta a Sullenberger, xunto con Aaron Eckhart, Laura Linney, Anna Gunn, Autumn Reeser, Holt McCallany, Jamey Sheridan e Jerry Ferrara nos papeis secundarios. O filme conta a historia real da aterraxe de emerxencia que realizou Sullenberger en xaneiro de 2009 sobre o río Hudson, na cal os 155 pasaxeiros e os membros da tripulación sobreviviron só con feridas leves.
Sully estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 2 de setembro de 2016, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Warner Bros. o 9 de setembro de 2016.[2] O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou máis de 240 millóns de dólares en todo o mundo, mais xerou controversia pola súa representación ficticia do National Transportation Safety Board (NTSB). O American Film Institute e National Board of Review escollérono como un dos seus mellores dez filmes de 2016,[7] e recibiu un nomeamento ós Premios Óscar á mellor edición de son na 89ª edición dos galardóns.
Estreouse en galego o 8 de xullo de 2020 na TVG.[8] O director de dobraxe foi Celestino Hermida.
Personaxes
- Tom Hanks como Chesley "Sully" Sullenberger
- Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas.
- Blake Jones como Sully (con 16 anos)
- Aaron Eckhart como Jeff Skiles
- Laura Linney como Lorraine Sullenberger
- Mike O'Malley como Charles Porter
- Anna Gunn como Dr. Elizabeth Davis
- Jamey Sheridan como Ben Edwards
- Voz da dobraxe galega de Tacho González.
- Ann Cusack como Donna Dent
- Autumn Reeser como Tess Sosa
- Molly Hagan como Doreen Welsh
- Jane Gabbert como Sheila Dail
- Holt McCallany como Mike Cleary
- Chris Bauer como Larry Rooney
- Patch Darragh como Patrick Harten
- Jerry Ferrara como Michael Delaney
- Max Adler como Jimmy Stefanik
- Sam Huntington como Jeff Kolodjay
- Michael Rapaport como Pete the Bartender
- Wayne Bastrup como Brian Kelly
- Valerie Mahaffey como Diane Higgins
- Jeff Kober como L. T. Cook
- Molly Bernard como Alison
Notas
- ↑ "Sully (12A)". British Board of Film Classification. 5 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Sully | Nearby Showtimes, Movie Tickets". IMAX. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ D'Alessandro, Anthony (7 de setembro de 2016). "Clint Eastwood's 'Sully' Launches Fall Awards Season, But Can 'Bough' Break At No. 1? – B.O. Preview". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2016.
- ↑ Faughnder, Ryan (6 de setembro de 2016). "'Sully' and 'When the Bough Breaks' to choke 'Don't Breathe' at the box office". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2016.
- ↑ "Sully (2016)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Sully: Miracle on the Hudson (2016 Sully Movie) - Warner Bros. UK". Warnerbros.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2016.
- ↑ Hipes, Patrick (8 de decembro de 2016). "AFI Awards: Best Of 2016 List Includes 'Silence', 'Hacksaw Ridge' & More". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016.
- ↑ "Sully na TVG". TVG. 8 de xullo de 2020. Consultado o 10 de maio de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sully na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)