A Supercopa de España de Voleibol Feminino é unha competición de voleibol que se celebra anualmente no estado español na que se enfrontan os campións de Liga e Copa da tempada anterior. Dende o 2004 ata o 2009 participaron tamén os segundos clasificados, enfrontándose en dobre xornada de semifinais e final, volvendo no 2010 ao formato de dous equipos. A competición comezou no ano 2002, e as catro primeiras edicións foron gañadas polo Club Voleibol Tenerife, que ademais é o club máis laureado da competición con cinco títulos, dous máis que o C.A.V. Murcia 2005, que é o segundo equipo máis laureado e o único que gañou esta competición ademais do equipo canario.