Svartifoss
Tipo | fervenza colunas basálticas (pt) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional Vatnajökull ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Sveitarfélagið Hornafjörður, Islandia (en) ![]() ![]() | |||
Localización | Skaftafell (en) ![]() ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 12 (![]() | |||
Svartifoss (A fervenza negra) é unha fervenza que se atopa no Parque Nacional Skaftafell, no sur de Islandia. É unha das atraccións máis populares do parque e está arrodeada por columnas basálticas negras, de orixe volcánica, que lle dan o seu nome. As columnas teñen unha forma hexagonal e foron formadas por un proceso de cristalización dentro dun fluxo de lava ó arrefriarse extremadamente amodo. Formacións similares a esta tamén se poden atopar na Calzada do Xigante na illa de Irlanda e en Staffa, Escocia.
Estas columnas de basalto inspiraron a varios arquitectos islandeses, sendo os mellores exemplos a igrexa luterana Hallgrímskirkja en Reiquiavik e o Teatro Nacional.
Galería de imaxes
-
Svartifoss no verán.
-
Svartifoss no inverno.
-
Detalle das columnas de basalto de Svartifoss.