Sweet California
Sweet California | |
---|---|
Sweet California en maio de 2016. | |
Orixe | España |
Período | 2013 - presente |
Xénero(s) | Pop |
Selo(s) discográfico(s) | Warner Music España |
Membros | Sonia Gómez, Tamy Nsue, Alba Reig |
Antigos membros | Rocío Cabrera |
Na rede | |
http://www.sweetcaliforniaoficial.com | |
Sweet California é unha girlband española formada por Sonia Gómez, Alba Reig e Tamy Nsue en 2013. O 10 de xullo de 2013 estreouse o seu primeiro sinxelo Infatuated.[1]
Historia
2013: Presentación e primeiro sinxelo
Días despois da súa presentación en redes sociais, o 23 de maio de 2013, subíronse ao canal oficial de Sweet California, uns vídeos de presentación de cada unha delas, cunha pequena entrevista xenérica, para que o público coñecera os gustos das tres cantantes.
O 28 de maio de 2013, publican o seu primeiro vídeo musical en Youtube, para dar a coñecer a súa música, neste vídeo, cantaban unha cover en acústico da canción de Olly Murs, Troublemaker. Pero este non é o único cover que publicaron, se non que, tamén fixeron versións de Disparé de Nena Daconte, Price Tag de Jessy J, Grenade de Bruno Mars e Impossible de James Arthur.
O 10 de xullo de 2013, estrearon na radio dos 40 Principales, o seu primeiro sinxelo, Infatuated, que chegou a ser Trending Topic en Twitter ese día. O 15 de xullo deixaron descargar gratuitamente o seu sinxelo na súa páxina web, pero solo durante o 15 de xullo.
Membros
- Alba Reig Gilabert
- Tamara Nsue
- Sonia Gómez
Notas
- ↑ "Ficha na súa web". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016.