Sylvia Pankhurst

Sylvia Pankhurst
Nome completoEstelle Sylvia Pankhurst
Nacemento5 de maio de 1882
Lugar de nacementoManchester
Falecemento27 de setembro de 1960
Lugar de falecementoAdís Abeba
SoterradaCatedral da Santísima Trindade
NacionalidadeReino Unido
Alma máterManchester High School for Girls, Manchester School of Art, Royal College of Art e Universidade Metropolitana de Manchester
Ocupaciónanti-imperialist, xornalista, activista polos dereitos das mulleres, editora literaria, oil painter e sufraxista
PaiRichard Pankhurst
NaiEmmeline Pankhurst
FillosRichard Pankhurst
IrmánsAdela Pankhurst e Christabel Pankhurst
Coñecida porBroche Holloway
PremiosHunger Strike Medal
Na rede
WikiTree: Pankhurst-187
editar datos en Wikidata ]

Estelle Sylvia Pankhurst, nada en Manchester o 5 de maio de 1882 e finada en Adís Abeba o 27 de setembro de 1960, foi unha militante do movemento de sufraxio feminino e prominente comunista no Reino Unido, filla de Emmeline Pankhurst.

Primeiros anos

Estelle Sylvia Pankhurst (máis tarde abandonou o seu primeiro nome) naceu en Manchester, filla de Emmeline Pankhurst, fundadora da Unión Feminina Social e Política en favor do sufraxismo e de Richard Marsden Pankhurst, avogado e autor da Lei da propiedade da muller casada de 1884.[1] Tanto a súa nai como o seu pai eran membros do Partido Laborista Independente e preocupábanse coa cuestión dos dereitos das mulleres. Sylvia e as súas irmás frecuentaran a Manchester High School For Girls. As súas irmás, Christabel e Adela tamén se tornaran sufraxistas. Sylvia estudou Arte na Manchester School of Art e, en 1900, conseguiu unha bolsa de estudos para a Royal College of Art en South Kensington, Londres.[2] En 1907, Sylvia visitou algunhas cidades industriais do Norte de Inglaterra e de Escocia onde pintou mulleres da clase traballadora nos seus locais de traballo.[3]

Sufraxista

En 1906, Sylvia Pankhurst comezou a traballar a tempo enteiro na Women's Social and Political Union (WSPU), xunto a súa irmá Christabel e a súa nai. Porén, ao contrario delas, mantivo a súa afiliación co movemento laborista e concentrou a súa actividade en campañas locais coa Federación do leste de Londres da WSPU, no lugar de liderar a organización a nivel nacional. Sylvia Pankhurst escribiu varios artigos para o xornal da WSPU, o Votes for Women e, en 1911, publicou un libro de teor propagandista da historia da campaña da WSPU: The Suffragette: The History of the Women's Militant Suffrage Movement.[4]

En 1914, Sylvia estaba cada vez máis descontenta co rumbo que a WSPU estaba a tomar: en canto que a WSPU se tornara independente de calquera partido político, Sylvia quería que fose unha organización explicitamente socialista a lidar coas cuestións do sufraxio feminino. Nese ano, ela abandonou a WSPU e creou a súa propia organización sufraxista, a East London Federation of Suffragettes (ELFS) que, ao longo dos anos, mudou o seu nome para Women's Suffrage Federation (WSF) e, por fin, para Worker's Socialist Federation. Ela creou o xornal da WSF, o Women's Dreadnough que máis tarde se tornou o Worker's Dreadnought. A súa organización manifestou estar contra o envolvemento do Reino Unido na primeira guerra mundial.[5]

Primeira guerra mundial

Sylvia Pankhurst nunha manifestación contra a política inglesa na India.

No decorrer da primeira guerra mundial, Sylvia ficou chocada ao ver que a súa nai e a súa irmá se tornaran partidarios entusiastas do esforzo de guerra e fixeran campañas a favor do alistamento militar. Sylvia sempre manifestou estar contra a guerra e a súa organización tentou traballar na defensa das mulleres nas zonas máis pobres de Londres. Este traballo incluíu a creación de restaurantes económicos para alimentar os máis desfavorecidos sen que parecese un acto de caridade. A organización tamén creou unha fábrica para empregar mulleres que perderan o emprego debido á guerra.[6]

Sylvia tamén traballou na defensa de subsidios adecuados para as esposas dos soldados en canto os seus maridos se encontraban a loitar na guerra a través da creación de centros de asesoramento legal e de campañas para obrigar o goberno a considerar a pobreza das mulleres dos soldados. Ela apoiou a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e Liberdade, o que lle custou algúns dos seus aliados no país natal. Este apoio tamén contrastou coa posición da súa nai e da súa irmá que, após a Revolución Rusa de 1917, viaxaran para Rusia para convencer o país a non se retirar da guerra.[7]

Comunismo

Sylvia Pankhurst en 1910.

A WSF foise identificando cada vez máis cos ideais da esquerda e a primeira reunión do Partido Comunista inglés tivo lugar na súa sede. Nesta reunión, foi distribuído o texto A Constitution for British Soviets (Unha Constitución para os soviets británicos) da autoría de Sylvia Pankhurst. Neste texto, Sylvia destacou o papel dos Soviets Caseiros: "Para que as nais e as organizadoras da vida doméstica da comunidade poidan ser representadas de forma adecuada e ocupen a súa debida posición na xestión da sociedade, debe crearse un sistema de Soviets Caseiros".[8]

O Partido Comunista inglés opúñase ao parlamentarismo, o que contrastaba coa posición do recentemente formado Partido Socialista Británico que se tornou no Partido Comunista da Gran Bretaña en 1920. O Partido Comunista inglés acabou por se diluír no Partido Comunista oficial, porén, este novo partido tivo curta duración e, cando o seu liderado propuxo que Pankhurst cedese a súa organización, a Workers Dreadnought ao partido, ela rebelouse. En consecuencia da súa revolta, Sylvia foi expulsada do Partido Comunista e creou o Partido dos Traballadores Comunistas, que tamén durou pouco tempo. Nesta altura, Sylvia adherira ao comunismo de consellos e estivo presente en reunións da Internacional Comunista en Rusia e en Ámsterdam e do Partido Socialista Italiano.[9]

Compañeiro e fillo

Sylvia Pankhurst opúñase á idea de entrar nun contrato de casamento e de adoptar o nome do marido. Preto do final da primeira guerra mundial, foi vivir co anarquista italiano Silvio Corio en Woodford Green, onde permaneceu durante máis de 30 anos.

En 1927, aos 45 anos, Sylvia deu a luz o seu único fillo, Richard, que consideraba ser un triunfo da euxenia unha vez que nacera de pais saudábeis e intelixentes. Unha vez que ela recusara casar co pai da crianza, a súa nai ficou en choque e as dúas nunca máis se volverán a falar. O escándalo provocado polo nacemento dun fillo fóra do casamento debilitou aínda máis a saúde de Emmeline Pankhurst que faleceu a menos dun ano despois do nacemento do neto.[10]

Partidaria de Etiopía

No inicio da década de 1930, Sylvia afastouse da política, mais continuou a estar envolvida en movementos relacionados co antifascismo e o anticolonialismo. En 1932, desempeñou un papel esencial na creación do Socialist Workers' National Health Council.[11] En 1936, manifestouse contra a invasión italiana de Etiopía coa creación do xornal The New Times and Ethiopian News e apoiou Halie Selassie. Ela conseguiu fondos para o primeiro hospital universitario de Etiopía e escribiu varios textos sobre a arte e a cultura do país. A súa pescuda foi máis tarde reunida e publicada no libro Ethiopia: a Cultural History.

A partir de 1936, o MI5 comezou a monitorizar a correspondencia de Sylvia Pankhurst. En 1940, ela escribiu ao Vizconde Swinton, director dun comité que investigaba comunistas, e acrecentou unha lista de fascistas activos que aínda se encontraban sen controlar e de antifascistas que se encontraban internados. Nos arquivos do MI5 atopouse unha copia desta carta cunha nota de Swinton escrita a man que di: "Penso que esta é unha fonte de información moi dubidosa".[12]

Morte

Sylvia Pankhurst morreu en Adís Abeba, en Etiopía, en 1960, aos 78 anos. Recibiu un funeral con honras de Estado no cal Haile Selassie a considerou unha "etíope honoraria". Ela é a única estranxeira enterrada na catedral da Santísima Trindade en Adís Abeba nunha sección reservada a patriotas da guerra italiana.[13]

Obras publicadas

Notas

  1. THE PANKHURST FAMILY:http://www.sylviapankhurst.com/about_sylvia_pankhurst/the_pankhurst_family.php Arquivado 29 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
  2. "Seven Inspiring Women Who Studied at the Royal College of Art". www.rca.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2018. Consultado o 06/04/2018. 
  3. "Sylvia Pankhurst". www.tate.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 13/06/2019. Consultado o 10/06/2016. 
  4. Mercer, John (2007), "Writing and re-writing suffrage history: Sylvia Pankhurst's 'The Suffragette'", Women's History Magazine
  5. "SYLVIA PANKHURST & WW1 en marx-memorial- library.org". www.marx-memorial-library.org. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2018. Consultado o 06/04/2018. 
  6. Connelly, Katherine (2015). "Sylvia Pankhurst, the First World War and the struggle for democracy". Revue française de civilisation britannique // French journal of British studies XX (1). ISSN 0248-9015. doi:10.4000/rfcb.275. Consultado o 06/04/2018. 
  7. Mary Davis, Sylvia Pankhurst: A Life in Radical Politics (Pluto Press, 1999); ISBN 0-7453-1518-6
  8. Workers' Dreadnought, Vol. VII, No. 13, 19 June 1920.
  9. Lenin, V. I. "Letter to Sylvia Pankhurst". marxists.org/. Consultado o 06/10/2006. 
  10. Purvis, June (2002). Emmeline Pankhurst: A Biography (en inglés). Psychology Press. ISBN 9780415239783. 
  11. Crawford, Elizabeth (2003). The Women's Suffrage Movement: A Reference Guide 1866-1928 (en inglés). Routledge. ISBN 9781135434014. 
  12. Worthington, Daryl (26/09/2016). "Sylvia: The Pankhurst Who Was Too Radical?". NewHistorian. Consultado o 06/04/2018. 
  13. "Fifty years since the death of Sylvia Pankhurst, Ethiopians pay tribute". Owen abroad. 17/10/2010. Arquivado dende o orixinal o 29/11/2019. Consultado o 06/04/2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.