Tétrico

Tétrico
Nacementoséculo IIxuliano
Lugar de nacementoBordeos
Falecemento275
Lugar de falecementoLucania
NacionalidadeImpério das Gálias
Ocupacióngobernante
CónxuxeNera Pivesuvia
FillosTétrico II
editar datos en Wikidata ]

Caius Pius Esuvius Tetricus, foi o derradeiro emperador do Imperio galo. Chega ao poder pola influencia de Vitorina, nai do emperador galo Vitorino, que consegue o seu nomeamento no 271 mediante subornos no seo do exército. Era gobernador de Aquitania, e na súa capital Burdigala (Bordeos) atopábase nese intre.

Logra ser recoñecido ao igual que Vitorino na Galia e na Britania, pero non así na Hispania, axudado neste labor polo seu fillo Tétrico II, quen acabará sendo nomeado César.

Canso das continuas insubornacións dos lexionarios, chama na súa axuda ao emperador Aureliano. Este invade a Galia e vence a Tétrico I en Catalaunum (Châlons sur Marne). Estamos no 273. Segundo algunhas fontes, Tetrico pásase ao inimigo ao tratar de escapar dos seus propios soldados, mentres que outras fontes din que se rendeu en Tréveris ao emperador Aureliano no 274.

O certo é que formaba parte do cortexo triunfal por Roma. Aureliano tratouno ben, e mesmo ocupou diversos cargos públicos, e chegou a ser gobernador de Lucania, provincia no sur de Italia, morrendo retirado nunha data descoñecida para nós.