Tabernas é un concelloespañol da provincia de Almería (Andalucía). Atópase a unha altitude de 404 metros sobre o nivel do mar e a 29 km da capital de provincia, Almería. Situada a carón da zona desértica que leva o seu nome, Tabernas ten unha taxa de precipitación media anual de 243 mm, polo que é unha das vilas máis secas de Europa. O seu deserto é coñecido por ser o lugar de rodaxe de ducias de Spaghetti Western. O municipio acolle cada ano o Almería Western Film Festival, ademais de ser a sede da Plataforma Solar de Almería, un centro de investigación en enerxía solar térmica pertencente ao CIEMAT.