Talgo
| Talgo | |
|---|---|
| Tipo | Sociedade Limitada |
| Fundación | 1942 |
| Matriz | Patentes Talgo |
| Localización | Madrid, |
| Fundador | Alejandro Goicoechea e José Luis Oriol Urigüen |
| Industria | Transporte |
| Produtos | Material ferroviario |
| Número de empregados | 1.100 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Talgo é un tren de deseño español, baseado en vagóns curtos e máis baixos que os tradicionais. O seu nome provén das siglas de Tren Articulado Lixeiro Goicoechea Oriol, en atención ao seu deseñador Alejandro Goicoechea e ao financeiro que apoiou as súas investigacións e a fabricación dos primeiros trens construídos con ese sistema, José Luis Oriol Urigüen.


Talgo é tamén a denominación do grupo empresarial español, creado en 1942, adicado ao deseño e construción destes trens, que ademais ofrece servizos de mantemento de trens e relativos a equipos ferroviarios.
Material rodante
Talgo II
- Talgo II-ACF
- Talgo II-Renfe
- Talgo II-Ferrocarril do Langreo
Talgo III
- Talgo III
- Talgo III RD (Rodadura desplazable)
- Talgo III camas
- Talgo III RD Camas
- TG1z Manso (remolque Talgo especial para axustar entre a locomotora e a composición, e provisto de pantógrafo para proporcionar alimentación ao tren independentemente da locomotora)
Talgo Pendular
- Talgo Pendular prototipo (experimental)
- Talgo IV - Talgo Pendular Nacional (ancho 1.668 mm)
- Talgo IV-R - Talgo Pendular Reformado (ancho 1.668 mm)
- Talgo IV - Talgo Pendular Camas (ancho 1.668 mm)
- Talgo V - Talgo Pendular Internacional Camas (ancho variable)
- Talgo 200 (Alta velocidade Madrid-Málaga) (ancho variable)
- Talgo VI (Derivado do Talgo 200) (ancho variable)
- Talgo VI Camas (Derivado do Talgo 200) (ancho variable)
- Talgo Pendular DB NachtZug Camas (ancho 1.435 mm)
- Talgo Pendular 200 Amtrak (ancho 1.435 mm)
- Talgo Cascades Amtrak (ancho 1.435 mm)
- Talgo Pendular Casaquistán (ancho 1.520 mm)
- Talgo VII (ancho variable)
Outros
- Talgo 350 (S-102, Pato) (ancho 1.435 mm)
- Talgo XXI Talgo XII, Talgo-BT (ancho variable)
Servizos

O 2 de marzo de 1950 inaugurouse o servizo comercial dos trens Talgo en España, cunha travesía entre Madrid e Valladolid.
Os trens Talgo cobren gran cantidade de relacións de longa distancia en España e no estranxeiro. No caso de España, circulan tanto por vías de ancho internacional como ibérico e poden recibir as denominacións comerciais seguintes:
- Altaria
- Alvia (non todas as relacións se efectúan con material Talgo)
- AVE (non todas as relacións se efectúan con material Talgo)
- Trenhotel
- Talgo
Talgo III
| Denominación | Percorrido | Material |
|---|---|---|
| Catalán Talgo | Barcelona <> Montpellier | Talgo III RD |
Talgo pendular
| Denominación | Percorrido | Material |
|---|---|---|
| Trenhotel Galicia | Barcelona <> Vigo / A Coruña | Talgo VII |
| Trenhotel Asturias | Barcelona <> Xixón | Talgo V |
| Trenhotel Atlántico | Madrid <> Ferrol | Talgo IV |
| Trenhotel Rías Galegas | Madrid <> Pontevedra / A Coruña | Talgo IV |
| Trenhotel Antonio Machado | Barcelona <> Cádiz | Talgo VII |
| Trenhotel Gibralfaro | Barcelona <> Málaga | Talgo VII |
| Trenhotel Alhambra | Barcelona <> Granada | Talgo VI |
| Altaria | Madrid <> Murcia Madrid <> Cartagena |
Talgo IV |
| Altaria | Madrid <> Granada Madrid <> Alxeciras |
Talgo VI |
| Alvia | Madrid <> Alacant Madrid <> Cádiz Madrid <> Huelva |
Talgo VII |
| Talgo | Salamanca <> Zaragoza | Talgo IV |
| Talgo | Madrid <> Bilbao | Talgo IV |
| Talgo | Madrid <> Almería | Talgo IV |
| Talgo | Madrid <> Pontevedra / A Coruña Madrid <> Badaxoz Barcelona <> Lorca Barcelona <> Murcia Barcelona <> Cartagena Alacant<> Pontevedra / A Coruña |
Talgo VI |
| Talgo Mare Nostrum | Lorca > Montpellier Montpellier > Cartagena |
Talgo VI |
| Trenhotel Lusitania | Madrid <> Lisboa | Talgo V |
| Trenhotel Francisco de Goya | Madrid <> París | Talgo VI |
| Trenhotel Joan Miró | Barcelona <> París | Talgo VI |
| Trenhotel Pau Casals | Barcelona <> Zúrich | Talgo VI |
| Trenhotel Salvador Dalí | Barcelona <> Milán | Talgo VI |
Talgo 250
Os trens denominados comercialmente como Alvia que circulan pola L.A.V. Madrid-Valladolid pertencen a este tipo.
Talgo 350

Parte dos trens denominados comercialmente como AVE que circulan pola L.A.V. Madrid-Barcelona pertencen a este tipo, así como unha parte dos que circulan pola L.A.V. Madrid-Valladolid e a L.A.V. Córdoba-Málaga.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial[1]