Tamaulipas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México ![]() | ||||
Capital | Ciudad Victoria ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.441.698 (2015) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 80.175 km² ![]() | ||||
Bañado por | Golfo de México e Río Grande, América do Norte ![]() | ||||
Altitude | 126 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1824 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Governador ![]() | Francisco García Cabeza de Vaca (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Congreso de Tamaulipas Circunscrición: 22, (Escano: 35) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 87-89 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MX-TAM ![]() | ||||
Sitio web | tamaulipas.gob.mx ![]() |
Tamaulipas, oficialmente Estado Libre e Soberano de Tamaulipas, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado está dividido en 43 concellos e a súa cidade capital é Ciudad Victoria. Atópase no nordeste de México e limita cos estados de Nuevo León ao oeste, San Luis Potosí ao suroeste e Veracruz ao sueste. No norte, ten un treito de 370 km da fronteira entre os Estados Unidos e México co estado de Texas, e ao leste limita co golfo de México.[1] Ademais da capital, Ciudad Victoria, as meirandes cidades do estado son Reynosa, Matamoros, Nuevo Laredo, Tampico e Mante.
Etimoloxía
O nome Tamaulipas deriva do termo Tamaholipa, unha palabra huasteca no cal o prefixo tam- quere dicir "lugar (onde)". Non existe acordo académico sobre o significado de holipa, mais "outeiros altos" é unha interpretación común.[2] Outra explicación do nome do estado é que se deriva de Ta ma ho'lipam ("lugar onde os apaches lipan cazan").
Notas
- ↑ "Tamaulipas" (PDF). SRE. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 21 de abril de 2011. Consultado o 7 de abril de 2011.
- ↑ "Historia". Gobierno do Estado de Tamaulipas. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 7 de abril de 2011.