Tarawa Sur
South Tarawa (en) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Kiribati | ||||
Grupo | Illas Gilbert ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 63.439 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 15,76 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Altitude | 3 m ![]() | ||||
Tarawa Sur (en kiribatiano: Tarawa Teinainano) é a capital do Estado das illas Kiribati, unha mancomunidade urbana do atol de Tarawa. O seu nome completo en kiribatiano é Teinainano Urban Council (literalmente «consello urbano da vela»), con frecuencia abreviado como TUC. En 2010 tiña 50 182 habitantes.
Xeografía
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/da/Tarawa_Atoll%2C_Kiribati.svg/300px-Tarawa_Atoll%2C_Kiribati.svg.png)
Sita no atol de Tarawa, a cidade espállase desde Bairiki a Bonriki, sobre unha trintena de quilómetros, abranguendo unha decena de illotes unidos entre si, o que equivale a toda a rama meridional do atol (de aí o nome xilbertense de «vela», pois a forma do atol lembra unha vela latina). A rama norte denomínase en xilbertense «ieta» («mastro»).
Características urbanas
Bairiki
Bairiki está considerada como o centro administrativo principal da república de Kiribati, pois é sede da presidencia e dalgúns ministerios, mais non é unha colectividade territorial falando con propiedade. En Ambo sitúase o Parlamento, dito Maneaba ni Maungatabu.
Tarawa Sur é tamén a sede do bispado católico de Tarawa e de Nauru, da Igrexa protestante de Quiiribati e de numerosos organismos de todo tipo: a Escola Normal, o hospital Tungaru, o instituto Moroni (Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días)), así como dun centro da Universidade do Pacífico Sur.
A cidade concentra un cuarto da poboación da república e elixe tres deputados para o Parlamento (Maneaba ni Maungatabu) sobre un total 42 deputados.
Comunicacións
Está unida á illa de Betio pola ponte Japanese Causeway ("a calzada xaponesa") desde a década de 1980. O illote de Bonriki posúe un aeroporto internacional.