Te
Te ou té pódese referir a:
Gramática
- Te, nome da letra T, o te, en portugués tê;
- Te, forma átona de segunda persoa en función de complemento directo, que equivale a ‘a ti’;
- Te, て en hiragana ou テ en katakana (romaji: te) é un dos kana xaponeses que representan un mora.
Botánica
- Té, arbusto chinés da familia das teáceas (Camellia sinensis) que secas e torradas se empregan como bebida estimulante en infusión.
- Outras especies non relacionadas coa planta do té, chamadas árbores do té:
- calquera especie do xénero Leptospermum, da familia das mirtáceas;
- calquera especie do xénero Melaleuca, da familia das mirtáceas, especialmente a especie Melaleuca alternifolia, (árbore do té) da que se obtén o aceite da árbore do té;
- a especie Kunzea ericoides, da familia das mirtáceas, tamén chamada kanuka;
- Té bravo, o nome común da planta Dysphania ambrosioides.
Infusión
- Té, infusión feita coas follas secas e torradas da planta do té (Camellia sinensis);
- A ruta do té e os cabalos, entre a China e o Tíbet;
- Ruta de Siberia entre a China e Europa, tamén chamada: Ruta do té.
Toponimia
- Río Te, que discorre polos concellos de Dodro e Rianxo;
- Té, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo.
Química
- Te en química é o símbolo do telurio.
Te deum
- Te deum, cántico litúrxico de loanza a Deus e de acción de grazas que comeza con estas palabras, por extención, cerimonia solemne na que se interpreta este cántico.