Tema artístico
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
Os temas artísticos son aqueles directamente obxecto de preocupación dos artistas, ligados ao contexto histórico e cultural das súas épocas respectivas. A sistematización dos temas recorrentes dentro da pintura ou a escultura provén da tentativa de descrición dos xéneros artísticos; categoría de clasificación máis ampla, que nas artes designan a cada unha das distintas clases nas que se poden ordenar as obras segundo trazos comúns de forma e de contido.
Algúns temas antigos
- Espido;
- A mitoloxía
- A pintura de historia
- O retrato e o autorretrato ;
- O bodegón e as vaidades;
- A paisaxe e a mariña ;
- A escena de xénero ;
- A pintura relixiosa.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/William-Adolphe_Bouguereau_%281825-1905%29_-_Young_Woman_Contemplating_Two_Embracing_Children_%281861%29.jpg/300px-William-Adolphe_Bouguereau_%281825-1905%29_-_Young_Woman_Contemplating_Two_Embracing_Children_%281861%29.jpg)
Algúns temas modernos
Temas contemporáneos
Todos os concernentes ao mundo actual.
O mecenado
Os mecenas, financiando as Artes, demandan aos artistas que representen a súa persoa dentro de iconas divinas. Isto xustifica o seu emprego temporal sobre a terra e sérvelles para o benestar espiritual das súas almas.
- A apoteose (deificación)
- A alegoría (evocación)
Xerarquía
- Artigo principal: Xerarquía dos xéneros.
No campo da pintura, existe a chamada «xerarquía dos xéneros» asociada coa Académie française que no pasado tivo un papel central na arte académica. Estes xéneros, en orde xerárquica, eran:
- Pintura de historia
- Traballos de xénero
- Retrato
- Paisaxe
- Bodegón
Estas categorías tiveron un papel importante entre o século XVII e a era moderna, cando os pintores e os críticos comezaron a rebelarse contra as moitas regras da Académie française, incluída a preferencia da Académie pola pintura de historia.
Véxase tamén
Bibliografía
- Souriau, Étienne (1998). Diccionario Akal de Estética. Akal, Madrid. ISBN 84-460-0832-7.