Tenesor Semidán
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1450 ![]() Gran Canaria, España ![]() |
Morte | 1497 ![]() Tenerife, España ![]() |
Familia | |
Fillos | Guayarmina Semidán ![]() |
Tenesor Semidán (bautizado posteriormente como Fernando de Guanarteme) foi un líder aborixe canario. Negociou coa Coroa de Castela un tratado válido para todas as illas do arquipélago. Nace probablemente contra o ano 1420 na illa de Gran Canaria, de cuxo reino, Guanartemato de Gáldar, era guanarteme á chegada dos casteláns.
Historia
Tenesor Semidán e Bentaguaire eran os fillos do guanarteme de Gran Canaria, Taghoter Semidán (finais do século XV), e herdaron o reino á morte deste, pero axiña xurdiu a loita entre ambos; Tenesor venceu pero tivo que facer fronte á sublevación do usurpador Doramas e a continuos intentos de invasión. En 1478 Juan Rejón e Pedro de Algaba desembarcaron na illa á fronte dunha expedición de tropas castelás, iniciando a conquista da illa.[1] En 1481, Tenesor viaxa a España por vez primeira e asina a Carta de Calatayud, pacto entre os Reinos das Españas e o Reino das Canarias, o 30 de maio en Calatayud, capital de Aragón, asinando en nome do Reino das Canarias, e Fernando o Católico, Rei de Aragón, en nome dos Reinos das Españas. Os mandos do exército español destinados nas Canarias, obteñen terras, e tamén os diferentes menceyes e guanartemes (reis tribais) que quedan como responsables políticos.[2]
Ó ano seguinte do tratado, algúns grupos de rebeldes liderados por Guayarmina Semidán e Bentejuí refúxianse nos cumios e manteñen viva a resistencia en Gran Canaria.
Tenesor Semidán reúnese con eles para tratar de convencelos de que cesen na rebelión: o 29 de abril de 1486, conversa con Guayarmina Semidán, descendente como el dos Semidán, e con Bentejuí na fortaleza de Ansite. Trala reunión, Guayarmina baixa e entrégase, mentres que Bentejuí e o Faycan de Telde se suicidan seguindo o ritual aborixe, despeñándose polo barranco de Atis Tirma, así chamado por ser esa a frase que a tradición narra que berraron cando se lanzaron ó baleiro ("Viva a Montaña sagrada").[2][3]
Cristianización
Foi un personaxe de grande importancia para a incorporación pacífica dalgunhas das illas canarias ás coroas dos Reis Católicos, os cales apadrinaron o seu bautismo, celebrado nas Cortes Xerais da cidade de Calatayud, o 30 de maio de 1481, día de San Fernando.
Animosidade
Ao participar na conquista das Illas Canarias, Fernando Guanarteme é unha figura histórica que goza dunha animosidade popular nas illas Canarias pasando tradición máis tarde como un traidor por excelencia das súas terras e cultura.[4]
Notas
- ↑ "Pequeño bosquejo biográfico". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 20 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Mónica Acosta Betancor y Felipe Ros Brandon, 29 de Abril-3 de mayo, Dos fechas y un mismo símbolo. 1999
- ↑ Abreu y Galindo, J. de, Historia de la conquista de las siete islas de Canarias, en A. Cioranescu (ed) Goya ediciones, Tenerife, 1977
- ↑ El recuerdo de Guanarteme
Véxase tamén
Outros artigos
- Bentejuí
- Guayarmina Semidán