Terence Hill

Modelo:BiografíaTerence Hill

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Mario Girotti Editar o valor en Wikidata
29 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesTerence Hill Editar o valor en Wikidata
EducaciónActors Studio (pt) Traducir
Universidade de Roma La Sapienza Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, Produción de cinema, guión cinematográfico e dirección de cine Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, actor de televisión, actor, guionista de cinema, actor de cinema, director de televisión, produtor de televisión, humorista, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoSpaghetti Western e cinema de comedia Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalBud Spencer: Terence Hill and Bud Spencer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo
ximnasia artística Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLori Zwicklbauer Editar o valor en Wikidata
FillosJess Hill, Ross Hill Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webterencehill.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001352 Allocine: 2796 Rottentomatoes: celebrity/terence_hill Allmovie: p32352 TCM: 86524 TV.com: people/terence-hill
Facebook: terencehillofficial Instagram: terencehillofficial BNE: XX1224585 Musicbrainz: 2865f9e6-2e7d-42ff-a886-babe30f5f761 Discogs: 2764442 Editar o valor en Wikidata

Mario Girotti, nado en Venecia o 29 de marzo de 1939, é un actor e director italiano, máis coñecido co nome artístico de Terence Hill. É particularmente recoñecido polas súas películas a carón de Bud Spencer (Carlo Pedersoli).

Traxectoria

Os comezos

Mario Girotti nace de nai alemá e pai italiano en Venecia o 29 de marzo do 1939, e a súa infancia transcorre en Saxonia, en Dresde. Xa de novo demostraba unha certa predisposición para a actuación, un carácter extravertido, intelixencia e curiosidade.

A súa aparición na gran pantalla deuse case de casualidade cando, aínda sendo moi novo, despertou o interese do director Dino Risi durante unha competición de natación. Mario foi seleccionado para un pequeno papel do filme Vacanze con il gangster (1951). Mario seguiría os seus estudos, emprendendo unha modesta carreira de actor para pagar os mesmos.

Os primeiros éxitos e o encontro con Bud Spencer

Despois de tres anos de estudos de Literatura Clásica na Universidade de Roma, decide dedicarse completamente ao cine, obtendo un bo resultado. O director Luchino Visconti escólleo para a adaptación ao cine do libro O Gatopardo. O filme dálle unha certa notoriedade e lanza a súa carreira de actor.

No 1967 casa con Lori Zwicklbauer, unha rapaza americana de orixe alemá, a que coñeceu o mesmo ano da rodaxe de Dio perdona... io no!. Pero nesa rodaxe o encontro máis importante desde o punto de vista artístico foi con Carlo Pedersoli, alias Bud Spencer, o futuro inseparable compañeiro de interpretación. Decide con este último cambiar de nome, considerando "Mario Girotti" demasiado "italiano". Escolle o nome "Terence" en homenaxe ó autor latino Terenzio, americánizandoo, e acompañándoo do apelido "Hill".

Foi unha curiosidade á participación de Terence Hill neste filme: foi elixido para substituír a Peter Martell (Pietro Martellanza), vítima dun accidente a cabalo.

Aínda que en Lo chiamavano Trinità Terence Hill non fora inicialmente seleccionado para o papel protagonista, pois Enzo Barboni (máis coñecido como E.B. Clucher) elixira a Franco Nero para interpretar o papel de Trinità, pero o actor preferiu unha produción americana, a película Camelot (1967). Elixiuse a Terence polo seu parecido con Franco Nero.

A notoriedade internacional

Algúns títulos do xénero Spaghetti Western xunto ó seu amigo Bud Spencer levárono ao éxito, como o filme de culto Lo chiamavano Trinità (1970) e a súa secuela ...continuavano a chiamarlo Trinità (1971), que os lanzaron ao estrelato internacional.

A eses títulos seguiron outros igualmente exitosos como ...altrimenti ci arrabbiamo! e Io sto con gli ippopotami.

Naquel tempo, Hill participa nalgunha produción hollywoodiana, como La Bandera: marcia o muori (1977), de Dick Richards, con Gene Hackman, e Mister Miliardo (1977) de Jonathan Kaplan, con Valerie Perrine.

Ó mesmo tempo, e co seu amigo Bud Spencer, colaboraron na coreografía e música dalgunha das súas películas. Máis tarde, Hill decidiría dedicarse tamén ao oficio de dirixir as súas propias películas.

A crise e o rexurdir

Hill atravesou un longo período de depresión causada pola perda no 1990 (a causa dun accidente de tráfico en Stockbridge, Massachussett) do seu fillo adoptivo Ross, co que aparecera no 1983 no filme Don Camillo e no 1987 no filme Renegade - Un osso troppo duro. Sucesivamente o actor foi relanzando a súa carreira participando na serie televisiva italiana Don Matteo.

Filmografía

Actor

Como Mario Girotti

  • Vacanze col gangster de Dino Risi (1951)
  • La voce del silenzio de Georg Wilhelm Pabst (1952)
  • Villa Borghese di Gianni Franciolini (1953)
  • Divisione Folgore de Duilio Coletti (1954)
  • Gli sbandati de Francesco Maselli (1955)
  • La vena d'oro de Mauro Bolognini (1955)
  • I vagabondi delle stelle de Nino Stresa (1956)
  • Mamma sconosciuta de Carlo Campogalliani (1956)
  • Guaglione de Giorgio Simonelli (1957)
  • La grande strada azzurra di Gillo Pontecorvo (1957)
  • Lazzarella de Carlo Ludovico Bragaglia (1957)
  • Anna di Brooklyn de Carlo Lastricati e Reginald Denham (1958)
  • La spada e la croce, noto anche come Maria Maddalena, de Carlo Ludovico Bragaglia (1958)
  • Il ritratto di Dorian Gray de Daniele D'Anza (1958) - Filme de TV
  • Cerasella de Raffaello Matarazzo (1959)
  • Il padrone delle ferriere de Anton Giulio Majano (1959)
  • Spavaldi e innamorati de Giuseppe Vari (1959)
  • Un militare e mezzo de Steno (1959)
  • Annibale de Carlo Ludovico Bragaglia e Edgar George Ulmer (1959)
  • Cartagine in fiamme de Carmine Gallone (1960)
  • Juke box, urli d'amore de Mauro Morassi (1960)
  • Giuseppe venduto dai fratelli de Irving Rapper (1960)
  • Il mio amore è scritto sul vento de Luis César Amadori (1961)
  • Le meraviglie di Aladino de Henry Levin e Mario Bava (1961)
  • Il dominatore dei sette mari de Rudolph Maté e Primo Zeglio (1962)
  • Il giorno più corto de Sergio Corbucci (1962)
  • O Gatopardo de Luchino Visconti (1963)
  • Là dove scende il sole de Alfred Vohrer (1964)
  • Giorni di fuoco de Harald Reinl (1964)
  • Sparate a vista su Killer Kid de Leopold Lahola (1965)
  • Danza di guerra per Ringo de Harald Philipp (1965)
  • Surehand - Mano veloce de Alfred Vohrer (1965)
  • Operazione terzo uomo de Alfred Weidenmann (1965)
  • Il magnifico emigrante de Franz Antel (1965)
  • I Nibelunghi - Sigfrido de Harald Reinl (1966)
  • I Nibelunghi - La vendetta de Crimilde de Harald Reinl (1966)
  • Io non protesto, io amo de Ferdinando Baldi (1967)
  • La feldmarescialla (Rita fugge... lui corre... egli scappa) de Steno (1967)

Como Terence Hill

  • Dio perdona... io no! de Giuseppe Colizzi (1967)
  • Little Rita nel West de Ferdinando Baldi (1967)
  • Preparati la bara! de Ferdinando Baldi (1967)
  • Os catro moinantes (I quattro dell'Ave Maria) de Giuseppe Colizzi (1968)
  • La collina degli stivali de Giuseppe Colizzi (1969)
  • Barbagia (La società del malessere) de Carlo Lizzani (1969)
  • La collera del vento de Mario Camus (1970)
  • Chamábanlle Trindade de E.B. Clucher (1970)
  • Il corsaro nero de Vincent Thomas (1971)
  • ...continuavano a chiamarlo Trinità de E.B. Clucher (1971)
  • Il vero e il falso de Eriprando Visconti (1971)
  • ...Più forte ragazzi! de Giuseppe Colizzi (1972)
  • E despois chamáronlle o magnífico de E.B. Clucher (1972)
  • Il mio nome è Nessuno de Tonino Valerii (1973)
  • ...altrimenti ci arrabbiamo! de Marcello Fondato (1974)
  • Dous misioneiros de Franco Rossi (1974)
  • Un genio, due compari, un pollo de Damiano Damiani (1975)
  • I due superpiedi quasi piatti de E.B. Clucher (1977)
  • La Bandera: marcia o muori de Dick Richards (1977)
  • Mister Miliardo de Jonathan Kaplan (1977)
  • Pari e dispari de Sergio Corbucci (1978)
  • Io sto con gli ippopotami de Italo Zingarelli (1979)
  • Poliziotto superpiù de Sergio Corbucci (1980)
  • Chi trova un amico, trova un tesoro de Sergio Corbucci (1981)
  • Don Camillo de Terence Hill (1983)
  • Nati con la camicia de E.B. Clucher (1983)
  • Non c'è due senza quattro de E.B. Clucher (1984)
  • Miami supercops - I poliziotti dell'ottava strada de Bruno Corbucci (1985)
  • Renegade - Un osso troppo duro de E.B. Clucher (1987)
  • Lucky Luke de Terence Hill (1991) - Filme de TV
  • Lucky Luke de Terence Hill, Ted Nicolaou e Richard Schlesinger (1991-1992) - Serie TV
  • En Noiteboa armouse o belén de Terence Hill (1994)
  • Potenza virtuale de Anthony M. Dawson (1997)
  • Don Matteo de Enrico Oldoini (2000) - Serie TV
  • Don Matteo 2 de Leone Pompucci e Andrea Barzini (2001) - Serie TV
  • Don Matteo 3 de Enrico Oldoini, Leone Pompucci e Andrea Barzini (2002) - Serie TV
  • Don Matteo 4 de Giulio Base e Andrea Barzini (2004) - Serie TV

Director

  • Don Camillo (1983); tamén producida por el.
  • Lucky Luke (1991) - Filme de TV
  • Lucky Luke (1991-1992) - Serie TV (relativamente agli episodi Midsummer, Grand Delusions e Nobody's Fool)
  • Botte di Natale (1994)

Na escenografía

  • Renegade - Un osso troppo duro de E.B. Clucher (1987)