The Bourne Identity

The Bourne Identity
Ficha técnica
Título orixinalThe Bourne Identity
DirectorDoug Liman
ProdutorFrank Marshall
Richard N. Gladstein
Doug Liman
GuiónTony Gilroy
William Blake Herron
Baseado enThe Bourne Identity de Robert Ludlum
IntérpretesMatt Damon
Franka Potente
Chris Cooper
Clive Owen
Brian Cox
Julia Stiles
Adewale Akinnuoye-Agbaje
MúsicaJohn Powell
FotografíaOliver Wood
MontaxeSaar Klein
Christopher Rouse
EstudioThe Kennedy/Marshall Company
FilmColony
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea2002
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$60 000 000[1]
Recadación$214 034 224
Filme seguinteThe Bourne Supremacy
Na rede
https://www.uphe.com/movies/the-bourne-identity
IMDB: tt0258463 Filmaffinity: 668232 Allocine: 29071 Rottentomatoes: m/bourne_identity Mojo: bourneidentity Allmovie: v262376 TCM: 431201 Metacritic: movie/the-bourne-identity TV.com: movies/the-bourne-identity Netlix: 60022985Editar o valor em Wikidata

The Bourne Identity é un filme estadounidense de espías dirixido por Doug Liman que se estreou no 2002. Baséase na novela homónima de Robert Ludlum. É o primeiro filme da serie de Bourne, seguida por The Bourne Supremacy (2004), e The Bourne Ultimatum (2007). O cuarto filme, The Bourne Legacy, está previsto para ser estreado en xullo de 2012.

Sinopse

Un home amnésico é rescatado pola tripulación dun barco pesqueiro italiano cando flotaba á deriva no mar. Non leva nada consigo. Só as balas que leva cravadas nas costas e un número de conta dun banco suízo que leva adherido nos cadrís. Carece de identidade e de pasado, pero posúe unha serie de talentos extraordinarios en artes marciais e de autodefensa, ademais de falar varias linguas, que suxiren unha profesión de risco. Confuso e desorientado, emprende unha frenética busca para descubrir quen é e por que a súa vida cambiou repentinamente.

Personaxes

  • Matt Damon como Jason Bourne
  • Franka Potente como Marie Helena Kreutz
  • Brian Cox como Ward Abbott
  • Julia Stiles como Nicolette Parsons
  • Chris Cooper como Alexander Conklin
  • Clive Owen como O Mestre
  • Adewale Akinnuoye-Agbaje como Nykwana Wombosi
  • Gabriel Mann como Daniel Zorn
  • Tim Dutton como Eamon
  • Nicky Naude como Castel
  • Russell Levy como Manheim
  • David Selburg como Marshall
  • Vincent Franklin como Rawlins
  • Harry Gilbert como Alain
  • Katie Thynne como Claudia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas