The Cosmonaut
O Cosmonauta | |
---|---|
![]() Cartel da película | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Cosmonaut |
Director | Nicolás Alcalá |
Produtor | Carola Rodríguez Bruno Teixidor Riot Cinema Collective (Madrid) |
Intérpretes | Katrine De Candole (Yulia) Leon Ockenden (Stas) Max Wrottesley (Andrei) |
Música | Joan Valent Remate |
Fotografía | Luis Enrique Carrión |
Estrea | 2013 |
Duración | 80 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Ciencia Ficción |
Orzamento | 860.000 euros |
Na rede | |
http://www.thecosmonaut.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Cosmonaut é unha película española de ciencia ficción. Está feita e distribuída baixo Creative Commons, e foi financiada por máis de cinco mil persoas.
A película foi estreada o 18 de maio de 2013 en multiplataforma: cinema, tv, Internet, DVD e distribución en aberto. A película foi rodada en Letonia, Rusia e España.
O proxecto comezou en 2008 cunha curtametraxe chamada A Viaxe do Cosmonauta. Dende entón o proxecto foi virando e concretándose ata unha película con miles de produtores e un proxecto aberto a CC.
Sinopse
En 1967 dous mozos amigos, Stas e Andrei, chegan á Cidade das Estrelas, unha nova construción cerca de Moscova onde preparan os cosmonautas adestrados para ir ao espazo. O obxectivo: superar os estadounidenses na carreira espacial enviando a un home á Lúa. Alí coñecen a Yulia, unha técnico de comunicacións coa que fai amizade e un posible amor que non chega a concretarse.
No seu regreso á Terra atópase cun planeta desfeito por unha catástrofe descoñecida. Mais na base no planeta Terra pensan que se perdeu na viaxe de volta, e alí só chegan mensaxes del dicindo que a Terra está destruída.
Protagonistas
- Katrine De Candole: Yulia
- Leon Ockenden: Stas
- David Barrass: Chelomei
- Max Wrottesley: Andrei
- Greg Blackford: Nikolai
- Lee Cheney: Sergei
- Steve Galache: Sasha
- Guy Williams: Kamanin