The Dead Weather

The Dead Weather
De esquerda a dereita: Dean Fertita, Jack White, Alison Mosshart e Jack Lawrence.
OrixeNashville, Tennessee,
Período2009 - presente
Xénero(s)rock alternativo, blues-rock, garage rock, rock pricodélico
Selo(s) discográfico(s)Third Man Records
MembrosAlison Mosshart
Dean Fertita
Jack Lawrence
Jack White
Na rede
thedeadweather.com
IMDB: nm3510623 Facebook: Dead.Weather Twitter: deadweathernews MySpace: thedeadweather Youtube: UCXIymrrnEACsu6-Sl2QFhew Spotify: 4AZab8zo2nTYd7ORDmQu0V iTunes: 307168816 Last fm: The+Dead+Weather Musicbrainz: 334bd887-9044-4c38-aebd-4baab851efb4 Songkick: 2395848 Discogs: 1391789 Allmusic: mn0002006721 Deezer: 260889 Editar o valor em Wikidata

The Dead Weather é un supergrupo estadounidense de rock alternativo, formado en Nashville, Tennessee en 2009. Composto por Alison Mosshart (de The Kills e Discount), Jack White (de The White Stripes e The Raconteurs), Dean Fertita (de Queens of the Stone Age) e Jack Lawrence (de The Raconteurs, The Greenhornes e City and Colour),[1] The Dead Weather estreouse na inauguración da sede do selo Third Man Records en Nashville o 11 de marzo do 2009. Pouco despois editaron o seu primeiro sinxelo, "Hang You from the Heavens".

Historia

Formación

Cando The Raconteurs actuaron en Memphis, Tennessee, Jack White quedou sen voz e a banda pediulle a Alison Mosshart de The Kills que o substituíse nalgúns temas. Ela fixo as voces principais en "Steady as She Goes" e "Salute Your Solution". White posteriormente preguntoulle se podería gravar un tema con el e Jack Lawrence. Os tres coñeceron a Dean Fertita no estudio e acabaron realizando máis que unha única canción esa noite.

Finalmente decidiron formar unha banda con Mosshart como cantante principal, Lawrence no baixo, Fertita na guitarra e nos teclados e White na batería. Jack White dixo que quería tocar a batería na banda porque despois de tocala en "Another Way to Die" con Alicia Keys, interesouse máis polo instrumento. Xa tocara cando era neno, e na banda Goober & the Peas antes de formar The White Stripes. White afirmou que verse tocando a guitarra noutra banda sería moi repetitivo e vía a oportunidade de facer algo distinto.

Influencias

Tanto Alison Mosshart como Jack White están fortemente influenciados por Captain Beefheart e participaran en varios tributos seus, ademais de ter versionados cancións súas coas súas anteriores bandas. The Dead Weather adoitan a iniciar as súas actuacións cunha intro do tema de Captain Beefheart "Sure Nuff 'N' Yes I Do". Na canción "Hussle and Cuss", a primeiroa liña que canta Alison é "knock on the door and the door knocks back", unha clara referencia á canción de Beefheart "The Dust Blows Forth 'n the Dust Blows Back". En "Blue Blood Blues" Jack canta "Lick an ice-cream cone" que pode ser unha referencia á canción "Ice-Cream For Crow".

Horehound

En xaneiro do 2009, Mosshart, Fertita, Lawrence e White reuníronse para unha sesión improvisada no estudio White's Third Man. S sesión foi seguida por dúas semanas e media de composición e gravacións, durante as cales formouse The Dead Weather.

O álbum de estrea de The Dead Weather, Horehound, editouse o 13 de xullo de 2009 en Europa e un día máis tarde en Norteamérica. Entrou no posto 6 da lista Billboard 200 e no 14 da lista vritánica de álbums. Tres dos seus temas ("No Hassle Night," "Hang You from the Heavens" e "Treat Me Like Your Mother") estiveron dispoñibles como contido descargable para o videoxogo Rock Band o mesmo día da edición norteamericana.

Jack White co-dirixiu un pequeno documental sobre a banda chamado Full Flash Blank. Nel aparecen entrevistas exclusivas cos membros do grupo e tamén aparecen tocando "60 Feet Tall," "I Cut Like A Buffalo" e "Treat Me Like Your Mother". Full Flash Blank foi emitido no Channel 4 xusto despois do programa Later... With Jools Holland no que saía The Dead Weather interpretando os seus tres primeiros sinxelos.

Sea of Cowards

O 16 de outubro do 2009 Mosshart confirmou que un segundo traballo estaba a medio camiño. White anunciou posteriormente que o seu primeiro sinxelo chamaríase "Die By The Drop", para o cal el faría as voces principais.

Sea Of Cowards lanzouse inicialmente o 7 de maio do 2010 en Irlanda, e posteriormente o día 10 e o 11 nos Estados Unidos e no Reino Unido respectivamente. O álbum acadou o número 5 na lista Billboard 200. A súa canción "Rolling in on a Burning Tire" aparece na banda sonora da película The Twilight Saga: Eclipse.

Os membros de The Dead Weather volveron aos seus outros proxectos; porén, Lawrence dixo que cara finais do ano 2010 a banda volvería a realizar máis gravacións ou concertos.

Discografía

Álbums de estudio

Álbum Ano Selo
Horehound 2009 Third Man Records
Sea of Cowards 2010 Third Man Records
Dodge and Burn 2015 Third Man Records

EPs

Notas

  1. "Jack White unveils new band with members of Queens of the Stone Age and the Kills". the Guardian (en inglés). 2009-03-13. Consultado o 2022-06-27. 

Véxase tamén

Ligazóns externas