The Host (filme de 2006)

The Host
Ficha técnica
Título orixinalGoemul - 괴물
DirectorBong Joon-ho
ProdutorChoi Yong-bae
GuiónBaek Chul-hyun
Bong Joon-ho
IntérpretesSong Kang-ho
Byeon Hee-bong
Park Hae-il
Bae Doona
Go Ah-sung
MúsicaLee Byung-woo
FotografíaKim Hyung-ku
MontaxeKim Sun-min
EstudioShowbox/Mediaplex
Chungeorahm Film
Sego Entertainment
DistribuidoraShowbox (Corea do Sur)
Magnolia Pictures (USA)
Estrea 27 de xullo de 2006
Galicia 3 de marzo de 2009 (TVG)
Duración119 minutos
Orixe Corea do Sur
XéneroTerror
Orzamento₩11,8 billóns
($11.000.000)[1]
Na rede
IMDB: tt0468492 Filmaffinity: 991024 Allocine: 111431 Rottentomatoes: m/the_host_2007 Mojo: host Allmovie: v350881 TCM: 643903 Metacritic: movie/the-host TV.com: movies/the-host Netlix: 70059029Editar o valor em Wikidata

The Host (en coreano: 괴물, Goemul) é un filme surcoreano dirixido por Bong Joon-ho que se estreou no 2006. Estreouse en galego na TVG o 3 de marzo de 2009.[2]

Sinopse

Os habitantes de Seúl observan sorprendidos un estraño obxecto que pendura dunha ponte sobre o río Han. O obxecto é, en realidade, unha monstruosa criatura mutante que ó espertar devora a todo aquel que se cruza no seu camiño. No medio de tanto horror, a criatura mutante rapta á filla do dono dun quiosco que vive felizmente á beira do río. Mentres o exército fracasa unha e outra vez nos seus intentos de destruír ó monstro, o pai e a súa familia intentan recuperar á súa filla.

Personaxes

  • Song Kang-ho como Park Gang-du
  • Byeon Hee-bong como Park Hee-bong
  • Park Hae-il como Park Nam-il
  • Bae Doona como Park Nam-joo
  • Go Ah-sung como Park Hyun-seo
  • Oh Dal-soo como Voz do monstro
  • Lee Jae-eung como Se-jin
  • Lee Dong-ho como Se-joo
  • Yoon Je-moon como Home sen fogar
  • Im Pil-sung como Nam-il
  • Kim Roe-ha como Yellow 1
  • Park Roh-sik como Investigador policial
  • Go Soo-hee como A enfermeira refén
  • David Joseph Anselmo como Donald
  • Scott Wilson como Militar de USA
  • Paul Lazar como Doutor americano
  • Brian Lee como Doutor surcoreano

Galardóns e nomeamentos

  • 2006: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellores efectos especiais.

Notas

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "The Host na TVG". Diario Siglo XXI. 2 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas