The Lodger: A Story of the London Fog

The Lodger: A Story of the London Fog
Ficha técnica
Título orixinalThe Lodger: A Story of the London Fog
DirectorAlfred Hitchcock
Produtor
  • Michael Balcon
  • Carlyle Blackwell
  • C. M. Woolf
GuiónEliot Stannard
Baseado enThe Lodger de Marie Belloc Lowndes
Intérpretes
  • Marie Ault
  • Arthur Chesney
  • June Tripp
  • Malcolm Keen
  • Ivor Novello
FotografíaGaetano di Ventimiglia
MontaxeIvor Montagu
EstudioGainsborough Pictures
DistribuidoraWoolf & Freedman Film Service
Estrea14 de febreiro de 1917
Duración90 minutos (na restauración de 2012)[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroSuspense
Orzamento12 000 libras
Na rede
IMDB: tt0017075 Filmaffinity: 354169 Allocine: 3239 Rottentomatoes: m/1044925-lodger Allmovie: v29828 TCM: 449308 BNE: XX3748920 Netlix: 60003090 Editar o valor en Wikidata

The Lodger: A Story of the London Fog é un filme británico mudo dirixido por Alfred Hitchcock en 1927. Protagonizárono Marie Ault, Arthur Chesney, June Tripp, Malcolm Keen e Ivor Novello. Baséase nunha historia de Marie Adelaide Lowndes e foi o terceiro filme dirixido por Hitchcock, sendo o primeiro de estilo "Hitchcock".

A súa trama refírese á caza dun asasino en serie semellante a Jack o Destripador en Londres.[1] O primeiro filme de suspense de Hitchcock, consagrauno como director de sona.[2] Tras a súa estrea, a revista especializada Bioscope escribiu: "É posible que esta película sexa a mellor produción británica xamais realizada".[2]

Personaxes

  • Marie Ault como The Landlady (Mrs. Bunting)
  • Arthur Chesney como o seu marido (Mr. Bunting)
  • June Tripp como Daisy Bunting
  • Malcolm Keen como Joe Chandler
  • Ivor Novello como Jonathan Drew (The Lodger)
  • Eve Gray como vítima corista (sen acreditar)
  • Alfred Hitchcock como extra no despacho do xornal, home na turba enfadada (sen acreditar)
  • Reginald Gardiner como bailarón (sen acreditar)
  • Alma Reville como muller que escoita (sen acreditar)

Notas