The Rose

The Rose
Tipoteatro
EnSouthwark
PaísReino Unido
51°30′26″N 0°05′44″O / 51.5072, -0.09547
editar datos en Wikidata ]

The Rose foi un teatro londiniense isabelino. Foi o primeiro dos varios teatros que se abriron no Bankside, ao sur do río Támese e fóra da xurisdición das autoridades da cidade de Londres, o que posibilitaba unha maior liberdade. Levantouse en 1587 por obra de Philip Henslowe e John Cholmley. Poligonal na forma, medía case 21 metros de diámetro e tiña capacidade para 2.000 persoas. En 1605 deixou de prestar servizo.