The Simpsons (temporada 4)
A cuarta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente na cadea Fox dende o 24 de setembro de 1992 até o 13 de maio de 1993, comezando co capítulo Kamp Krusty. Os produtores executivos foron Al Jean e Mike Reiss.[1] A tempada contivo dous episodios que pasaron polo proceso de produción durante a tempada previa, cuxos show runners tamén foron Jean e Reiss. Despois da finalización da tempada, Jean, Reiss e a meirande parte do persoal de guionistas abandonaron a serie. A cuarta tempada estivo nomeada para dous premios Primetime Emmy, e Dan Castellaneta gañaría pola súa actuación como Homer Simpson no episodio Mr. Plow o premio á mellor actuación de voz. A tempada foi lanzada en DVD na Rexión 1 o 15 de xuño de 2004, na Rexión 2 o 2 de agosto de 2004 e na Rexión 4 o 25 de agosto do mesmo ano.
Episodios
# | Data da emisión orixinal | Código de produción | Título |
---|---|---|---|
60 - 4.01 | 24 de setembro de 1992 | 8F24 | "Kamp Krusty" |
61 - 4.02 | 1 de outubro de 1992 | 8F18 | "A Streetcar Named Marge" |
62 - 4.03 | 8 de outubro de 1992 | 9F01 | "Homer the Heretic" |
63 - 4.04 | 15 de outubro de 1992 | 9F02 | "Lisa the Beauty Queen" |
64 - 4.05 | 29 de outubro de 1992 | 9F04 | "Treehouse of Horror III" |
65 - 4.06 | 3 de novembro de 1992 | 9F03 | "Itchy & Scratchy: The Movie" |
66 - 4.07 | 5 de novembro de 1992 | 9F05 | "Marge Gets a Job" |
67 - 4.08 | 12 de novembro de 1992 | 9F06 | "New Kid on the Block" |
68 - 4.09 | 19 de novembro de 1992 | 9F07 | "Mr. Plow" |
69 - 4.10 | 3 de decembro de 1992 | 9F08 | "Lisa's First Word" |
70 - 4.11 | 17 de decembro de 1992 | 9F09 | "Homer's Triple Bypass" |
71 - 4.12 | 14 de xaneiro de 1993 | 9F10 | "Marge vs. the Monorail" |
72 - 4.13 | 21 de xaneiro de 1993 | 9F11 | "Selma's Choice" |
73 - 4.14 | 4 de febreiro de 1993 | 9F12 | "Brother from the Same Planet" |
74 - 4.15 | 11 de febreiro de 1993 | 9F13 | "I Love Lisa" |
75 - 4.16 | 18 de febreiro de 1993 | 9F14 | "Duffless" |
76 - 4.17 | 11 de marzo de 1993 | 9F15 | "Last Exit to Springfield" |
77 - 4.18 | 1 de abril de 1993 | 9F17 | "So It's Come to This: A Simpsons Clip Show" |
78 - 4.19 | 15 de abril de 1993 | 9F16 | "The Front" |
79 - 4.20 | 29 de abril de 1993 | 9F18 | "Whacking Day" |
80 - 4.21 | 6 de maio de 1993 | 9F20 | "Marge in Chains" |
81 - 4.22 | 13 de maio de 1993 | 9F19 | "Krusty Gets Kancelled" |
Notas
- ↑ Richmond, p. 92