The Purge
The Purge | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Purge |
Director | James DeMonaco |
Produtor | Michael Bay Jason Blum Andrew Form Bradley Fuller Sébastien Kurt Lemercier |
Guión | James DeMonaco |
Intérpretes | Ethan Hawke Lena Headey |
Música | Nathan Whitehead |
Estudio | Platinum Dunes Blumhouse Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 2 de maio de 2013 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Suspense e terror |
Orzamento | $3 000 000[1] |
Recadación | $89 300 000 |
Filme seguinte | The Purge: Anarchy |
Na rede | |
http://NewFoundersAmerica.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Purge é un filme estadounidense dirixido e escrito por James DeMonaco que se estreou no 2013. Está protagonizado por Ethan Hawke e Lena Headey. O filme está ambientado no 2022, cando os Estados Unidos se converteron nunha "nación renacida", cos índices de desemprego e criminalidade máis baixos da historia, debido a que o goberno instituíu un período de 12 horas anual coñecido como "a Purga", durante o cal toda actividade criminal (incluíndo asasinatos, roubos, violacións etc.) son legais. As únicas regras durante a Purga son que os oficiais do goberno de clasificación "10 ou superior" teñen inmunidade e que non está permitido usar armas por riba da "Clase 4" (como bombas de destrución). A Purga está deseñada para actuar como unha catarse para o pobo americano, coa cal poder desfacerse de todas as cousas negativas que gardan durante o ano.
Sinopse
Ano 2022. Nunha futura sociedade distópica, o réxime político vixente, chamado Novos Pais Fundadores de América, decidiron como medida catárquica implantar a "purga anual", unha regra pola que unha noite de cada ano pódese cometer calquera crime, incluíndo asasinatos e violacións, sen ter que facer fronte ás consecuencias nin responder ante a xustiza. Así, cando as viciadas novas regras do mundo exterior ameacen a súa casa, os membros dunha familia acomodada verán a súa vida en perigo logo de deixar entrar na súa casa a un indixente que estaba a ser perseguido polos seus "cazadores".
Personaxes
- Ethan Hawke como James Sandin
- Lena Headey como Mary Sandin
- Max Burkholder como Charlie Sandin
- Adelaide Kane como Zoey Sandin
- Edwin Hodge como Estraño sanguinario
- Rhys Wakefield como Líder educado
- Tony Oller como Henry
- Arija Bareikis como Mrs. Grace Ferrin
- Tom Yi como Mr. Cali
- Chris Mulkey como Mr. Halverson
- Tisha French como Mrs. Halverson
- Dana Bunch como Mr. Ferrin
- Peter Gvozdas como Dr. Peter Buynak
- Karen Strassman como Periodista
- Peter Jones como O xefe
Notas
- ↑ Kaufman, Amy (6 de xuño de 2013). "Box office: Low-budget 'The Purge' expected to beat 'The Internship'". Los Angeles Times. Tribune Company. Consultado o 10 de xuño de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- The Purge na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)