Theodor Herzl

Theodor Herzl
Nome completoבִּנְיָמִין זְאֵב הֶרְצֵל
Nacemento2 de maio de 1860
 Peste
Falecemento3 de xullo de 1904
 Reichenau an der Rax
Causapneumonía
SoterradoDöbling e Monte Herzl
NacionalidadeImperio Austrohúngaro
EtniaJews in Hungary
Relixiónxudaísmo
Alma máterUniversidade de Viena
Ocupaciónxornalista, avogado, escritor, político e dramaturgo
NaiJeanette Herzl
CónxuxeJulie Naschauer
FillosHans Herzl
Premiossen etiquetar
Na rede
WikiTree: Herzl-4 Find a Grave: 22315 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Theodor Herzl fundador do sionismo.

Biniamin Zeev 'Theodor' Herzl, nado en Budapest o 2 de maio de 1860 e finado o o 3 de xullo de 1904, foi un escritor húngaro e fundador do sionismo.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia xudía sefardí de orixe española. Ó cumprir 18 anos, a súa familia trasládase a Viena, onde se dedica a estudar Dereito, obtendo o doutoramento en 1884.

Traballou como escritor, dramaturgo e xornalista. Chega a París para traballar no Neue Frei Presse como correspondente, e aló segue o caso Dreyfus. En 1896 escribe Der Judenstaat ("O Estado Xudeu"), no que propon que a cuestión xudía era un asunto de política internacional e do dereito Internacional Público e que como tal debía ser asumido.

Promove a creación da OSM (Organización Sionista Mundial) e organiza o Primeiro Congreso Sionista en 1897. En 1902 publica Alteneuland ("A vella nova terra") onde presenta ó futuro Estado Xudeu como unha utopía socialista.

Falece o 3 de xullo de 1904 de pneumonía.