Theodoric Rood
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Oxford ![]() |
Ocupación | editor ![]() |
Theodoric Rood (tamén Theoderic ou Theodericus) foi un impresor de incunables de Oxford, Inglaterra. A súa actividade na cidade poden ser datadas con algunha certeza entre os anos 1481 e 1482, mais é probable que se estendesen ata 1484. Algúns dos primeiros libros impresos, entre 1478 e 1479, así como unha edición do Liber Festivalis, de John Mirk, de 1486 ou 1487, que outrora foron atribuídos á imprenta de Rood, considéranse hoxe obras doutros impresores non identificados.
Traxectoria
Rood foi a Oxford desde Colonia, en Alemaña, e con el levou tipos e, probablemente, tamén unha prensa. Logo de se establecer Oxford, trabou ligazóns coa universidade da cidade a través da incipiente Oxford University Press, onde imprimiu algúns traballos académicos en latín, entre os que é de salientar Compendiun totius grammaticae, de John Anwykyll, arredor de 1483 (do que se coñece só unha copia fragmentaria na Bodleian Library).[1]
Hoxe estímase en trece o número de edicións conservadas saídas do prelo de Rood.[2] Entre estes libros, só dous están datados: o máis temperán, de 1481, é Expositio super libros Aristotelis de anima, de Alexandre de Hales; e o máis tardío é Liber moralium super threnis Ieremiae, de John Lathbury, datado o 31 de xullo de 1482. As restantes edicións que hoxe se conservan carecen de data.
Notas
- ↑ British Library. Catalogue of Books Printed in the XVth Century now in the British Library. BMC. Part XI. England. 't Goy-Houten: Hes & De Graf, 2007. Páxinas 234 a 243. (En inglés)
- ↑ E. Gordon Duff, Printing in England in the Fifteenth Century: E. Gordon Duff's bibliography [of 1917] with supplementary descriptions, chronologies and a census of copies by Lotte Hellinga. (En inglés)