Thun
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Berna | ||||
Rexión administrativa | Oberland administrative region (en) ![]() | ||||
Distrito | Distrito administrativo de Thun (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Aarefeld (en) ![]() Allmendingen bei Thun (en) ![]() Buchholz (en) ![]() Bälliz-Freienhofgasse (en) ![]() Dürrenast (en) ![]() Goldiwil (en) ![]() Gwatt (en) ![]() Hohmad (en) ![]() Lerchenfeld (en) ![]() Neufeld (en) ![]() Schoren (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 43.734 (2018) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua alemá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 21,6 km² ![]() | ||||
Bañado por | Lago de Thun (pt) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 560 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Steffisburg (pt) ![]() Heiligenschwendi (pt) ![]() Hilterfingen (pt) ![]() Reutigen (pt) ![]() Uetendorf (pt) ![]() Thierachern (pt) ![]() Amsoldingen (pt) ![]() Homberg (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Raphael Lanz (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3600, 3602, 3603, 3604, 3607, 3608 e 3609 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 033 ![]() | ||||
Código de municipio suízo | 0942 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Identificador | ISOS 1216 | ||||
Sitio web | thun.ch ![]() |
Thun é unha cidade suíza situada no cantón de Berna, a 30 km ao sur da capital do Estado. Cos seus 43.568 habitantes, segundo datos do 2016, é a undécima cidade do país por volume de poboación.
Xeografía
Está situada á beira do lago de Thun. O centro histórico está erguido sobre unha illa do río Aar, que separa a cidade en dúas partes. A cidade limita ao norte coas comunas de Steffisburg, Schwendibach e Homberg, ao leste con Heiligenschwendi e Hilterfingen, ao sur con Spiez e Zwieselberg, e ao oeste con Amsoldingen, Thierachern e Uetendorf.
Historia
O nome da cidade deriva do celta Dunum, que significa cidade fortificada. No 58 AC caeu baixo o dominio de Roma, converténdose nun dos principais centros administrativos da rexión. Arredor do ano 400 DC foi conquistada polos burgundios e no 1033 pasou a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
En 1384 foi mercada polo cantón de Berna. Foi capital do cantón de Oberland durante a República Helvética.
Cultura
O castelo de Thun foi erguido no século XII polo Duque Bertold V de Zähringen. Existe outro castelo, o Schadau, construído no século XIX nun estilo neogótico e que acolle o Museo Gastronómico Suízo. A Casa do Concello é do século XVI.