Tierra Comunera
Tierra Comunera | |
---|---|
Acrónimo | TC e TC-PNC |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo castelán, federalismo e Progresismo |
Data de fundación | 7 de novembro de 1988 |
Data de disolución | 19 de xaneiro de 2009 |
Sede | Burgos |
País | España |
Na rede | |
http://www.tierracomunera.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tierra Comunera (TC) foi un partido político español de tendencia castelanista.
Fundación
Foi fundado en decembro de 1988 en Soria, se ben tiña maior implantación política na cidade de Burgos, onde estaba localizada a súa sede central. O nome orixinal do partido no momento da fundación era Tierra Comunera, mais en 1991 pasou a denominarse Tierra Comunera-Partido Nacionalista Castellano (TC-PNC). Logo do seu VII Congreso Nacional, celebrado en Segovia no 2004, acordouse mudar de novo o nome do partido, eliminando o apéndice Partido Nacionalista Castellano e volvendo ao orixinario: Tierra Comunera.
Programa político
TC esixía o recoñecemento de Castela como nacionalidade histórica e a súa unidade territorial, superando a fragmentación da "nación" castelá en cinco comunidades autónomas (Castela e León, Castela-A Mancha, Madrid, Cantabria e A Rioxa), aínda cando a súa representación nestas dúas últimas comunidades autónomas é inexistente. Politicamente, TC definíase como nacionalista, progresista e ecoloxista.
Resultados electorais

En 1999 obtivo os mellores resultados electorais da súa historia, atinxindo representación no concello de Burgos e mais nas Cortes de Castela e León. Mais nas seguintes eleccións municipais e autonómicas (2003) perdeu a representación nas Cortes, aínda que acrecentou a súa presenza en municipios de provincias castelás como Ávila, Segovia, Valladolid, Palencia, Guadalaxara e mais Cidade Real, sen contar a provincia de Burgos, na cal o partido ten decenas de cargos públicos.
Porén, nunca obtivo representación de nivel estatal.