Toby Alderweireld
Toby Alderweireld | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome |
Tobias Albertine Maurits Alderweireld | ||
Nacemento | 2 de marzo de 1989 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | Wilrijk | ||
Altura | 1,87 m | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Royal Antwerp | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2004 | Beerschot AC | ||
2004–2008 | Ajax | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2013 | Ajax | 128 | (7) |
2013–2015 | Atlético de Madrid | 12 | (1) |
2014–2015 | → Southampton (cedido) | 26 | (1) |
2015–2021 | Tottenham Hotspur | 174 | (8) |
2021–2022 | Al-Duhail | 20 | (0) |
2022– | Royal Antwerp | 3 | (0) |
Selección nacional | |||
2004 | Bélxica Sub-15 | 3 | (1) |
2004 | Bélxica Sub-16 | 2 | (0) |
2005–2006 | Bélxica Sub-17 | 17 | (3) |
2006 | Bélxica Sub-18 | 3 | (0) |
2006–2007 | Bélxica Sub-19 | 9 | (0) |
2009–2010 | Bélxica Sub-21 | 5 | (0) |
2009– | Bélxica | 121 | (5) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de agosto de 2022. Selección: actualizado a 14 de xuño de 2022.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Tobias Albertine Maurits Alderweireld, máis coñecido como Toby Alderweireld (AFI: [ˈtoːbi ˈɑldərˌweːrəlt]), nado en Antuerpen o 2 de marzo de 1989, é un futbolista internacional belga que xoga como defensa central, aínda que tamén pode xogar de lateral dereito, para o Royal Antwerp FC belga e para a selección de Bélxica.
Traxectoria
Alderweireld comezou a súa carreira no Germinal Beerschot, antes de pasar ao AFC Ajax en 2004 para que se desenvolvese nas categorías inferiores do club ajaccied. O 22 de febreiro de 2007 asinou o seu primeiro contrato, de 3 anos, até o 30 de xullo de 2010. Na campaña 2008-09 ascendeu ao primeiro equipo e debutou ante o NEC Nijmegen no triunfo do Ajax por 4-2. Nesa mesma tempada debutou na Copa da UEFA no empate do seu equipo ante a ACF Fiorentina (1-1). Tras ter varias aparicións no primeiro equipo ampliou o seu vínculo até o 2014.
A finais de agosto de 2013 fichou polo Atlético de Madrid. Debutou co club branquivermello o 19 de outubro de 2013 na derrota por un a cero ante o RCD Espanyol correspondente á novena xornada de Liga. Anotou o primeiro gol coa camiseta do Atlético o 18 de decembro na volta dos oitavos de final da Copa do Rei. Rematou de cabeza un centro de Gabi no desconto que deu a vitoria ao club madrileño por dous a un fronte á UE Sant Andreu. O Atleti desta forma clasificábase para a seguinte rolda por un global de seis a un.
Títulos
Campionatos estatais
Título | Club | Estado | Ano |
---|---|---|---|
Copa KNVB | AFC Ajax | Países Baixos | 2009-10 |
Eredivisie | AFC Ajax | Países Baixos | 2010–11 |
Eredivisie | AFC Ajax | Países Baixos | 2011–12 |
Eredivisie | AFC Ajax | Países Baixos | 2012–13 |
Johan Cruijff Schaal | AFC Ajax | Países Baixos | 2013 |
DFL-Supercup | Atlético de Madrid | España | 2013-14 |
Distincións individuais
Distinción | Ano |
---|---|
Promesa do Ano do AFC Ajax |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en Transfermakt (en inglés)
- Perfil en Soccerbase (en inglés)
- Perfil en BDFútbol (en inglés)