Torcedura
Torcedura | |
---|---|
Nocello torcido. | |
Sinónimo | torcedura, escordadura, retorzón, distorsión, escordo, esnogadura |
Especialidade | Traumatoloxía, Ortopedia |
Síntomas | Dor, inchazo, hematomas, incapacidade funcional da articulación afectada |
Complicacións | Inestabilidade crónica, dor persistente, risco de novas lesións |
Inicio habitual | Agudo, normalmente despois dun traumatismo ou movemento brusco |
Duración | Varias semanas, dependendo da gravidade |
Tipos | Leve, moderada, grave (de 1º, 2º e 3º grao) |
Causas | Distensión violenta dunha articulación sen chegar a luxación, con posibilidade de rachadura de ligamentos |
Factores de risco | Actividades deportivas, falta de adestramento, superficies irregulares |
Diagnóstico | Exploración física, resonancia magnética, ecografía |
Condicións semellantes | Rotura de ligamentos, luxación, fractura |
Prevención | Quentamento adecuado, fortalecemento muscular, uso de calzado axeitado |
Tratamento | Repouso, aplicación de xeo, compresión, inmovilización con vendaxe, elevación (método RICE), fisioterapia, cirurxía nos casos graves |
Medicación | Analxésicos, antiinflamatorios |
Prognose | Boa, dependendo da gravidade e do tratamento; risco de recidiva se non se trata axeitadamente |
Frecuencia | Alta, especialmente en deportes e actividades físicas |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha torcedura[1], escordadura[2], retorzón[3] ou distorsión[4] é a perda momentánea da congruencia articular (cápsula articular e/ou ligamentos) dunha articulación. Tamén pode ser definida como unha lesión traumática dunha articulación con estiramento, arrancamento ou rotura dun ou máis ligamentos, sen luxación das superficies articulares.
Características
Os torceduras causan inflamación e dor de comezo súpeto que vai minguando paseniñamente, provocando impotencia funcional e incluso parálise temporal. O período de recuperación varía en relación á gravidade e a cronicidade da lesión.
Determinados deportes adoitan provocar lesións crónicas, sen seren taxónomicos:
- Nocello: Voleibol, skateboarding, fútbol, taekwondo, cheerleading, rugby, fútbol gaélico.
- Xeonllo: Voleibol, Tenis, fútbol, baloncesto, cheerleading, rugby, jiu-jitsu.
- Cóbado: Tenis, baloncesto, béisbol, hóckey, cheerleading, rugby, jiu-jitsu.
- Ombreiro: Béisbol, baloncesto, cheerleading, rugby.
Notas
- ↑ "Torcedura". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 03/04/2019.
- ↑ "Escordadura". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 03/04/2019.
- ↑ "Retorzón". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 03/04/2019.
- ↑ "Distorsión". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 03/04/2019.