Touciño do ceo
O touciño do ceo é un doce feito con xemas de ovo e azucre.[1] que é unha das sobremesas tradicionais de España e Portugal.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Tocinillos_de_cielo-_%28La_Mallorquina%29.jpg/260px-Tocinillos_de_cielo-_%28La_Mallorquina%29.jpg)
Consiste nunha especie de torta, moi parecida a un flan, feita con azucre caramelizado e unha gran cantidade de xemas de ovo, compacta e de cor amarela intensa.[2] Nalgunhas partes de Portugal engádense tamén améndoas moídas e, ás veces, cabelo de anxo.[Cómpre referencia]
Faise en toda a Península Ibérica, pero é sobre todo típico de Andalucía, especialmente en Xerez da Fronteira (Cádiz) e en Asturias, onde ten moita sona o que se fai en Grau, en España, e de Guimarães, Braga e Tras os Montes, en Portugal.
Etimoloxía posíbel
O nome touciño do ceo débese ao feito de que, ao parecer, a versión orixinal tiña graxa de porco como ingrediente, e que a sobremesa tivo a súa orixe nos conventos.
Historia
A tradición sitúa a súa orixe en Xerez da Fronteira hai máis de 500 anos. As primeiras noticias do touciño do ceo remóntanse ao ano 1324 e, segundo as fontes, foi creado polas monxas do Convento do Espírito Santo desa localidade andaluza.[3]
A súa orixe está ligada á elaboración do viño da zona e ao emprego masivo de claras de ovo usadas para a clarificación do viño de Xerez. O resto, as xemas, os fabricantes do viño dábanllas ao convento de monxas, as que, co fin de reutilizalas, deseñaron a sobremesa "touciño do ceo".
Actualmente o concello de Xerez da Fronteira está realizando trámites para a concesión dunha Indicación Xeográfica Protexida.[4]
Receita
Para realizar un touciño do ceo só se necesita xema de ovo, azucre e auga. Para realizalo basicamente hai que facer un almibre co azucre en auga. Cando está tépedo vanse engadindo as xemas, baténdoas. Ponse a mestura nun recipiente caramelizado e quéntase ao baño maría até que estea coagulado, é dicir, con consistencia de flan. Debe servirse frío.[5]
Notas
- ↑ Touciño do ceo, no Gran dicionario Xerais da lingua. 2009, Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4,
- ↑ "Receta de Tocino del cielo de Jerez".
- ↑ "¿Cual es el origen de los tocinos de cielo?" Youtube.
- ↑ "Jerez quiere que su tocino de cielo sea solamente suyo".
- ↑ "Tocino de cielo de Jerez"
Véxase tamén
Bibliografía
- Condesa de Pardo Bazán (1996): La cocina española antigua. A Coruña: Academia Galega de Gastronomía. ISBN 84-600-9327-1, p. 385. Ed. facsímile autorizada pola RAG da orixinal (Madrid, 1913) da Sociedad Anónima Renacimiento. Colección Biblioteca de la Mujer, dirixida pola propia Pardo Bazán.
- Ortega, Simone (1972): Mil ochenta recetas de cocina, 12ª ed. Madrid: Alianza Editorial. Col. "El Libro de Bolsillo". ISBN 84-206-1428-9, páx. 626-627.