Tour de Francia 1974
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | 1974 Super Prestige Pernod (en) |
Distancia do evento | 4.098 km |
Lugar de saída | Brest |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 130, inicio 105, final |
Participantes | |
Molteni 1974, Bic 1974, Peugeot-BP-Michelin 1974, Kas-Kaskol 1974, Sonolor-Gitane 1974, MIC-Ludo-de Gribaldy 1974, Gan-Mercier-Hutchinson 1974, La Casera-Peña Bahamontes 1974, Merlin Plage-Shimano-Flandria 1974, Brooklyn 1974, Jobo-Lejeune 1974, Carpenter-Confortluxe-Flandria 1974 e Frisol-Flair Plastics 1974 | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Reino Unido, Bélxica, España e Andorra |
Intervalo de tempo | 27 de xuño de 1974 – 21 de xullo de 1974 |
Número de edición | 61 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Eddy Merckx |
Segundo da clasificación xeral | Raymond Poulidor |
Terceiro da clasificación xeral | Vicente López Carril |
Gañador da clasificación por puntos | Patrick Sercu |
Gañador da clasificación da montaña | Domingo Perurena |
Winner of the combination classification | Eddy Merckx |
Winner of the most combative rider | Eddy Merckx |
Vencedora da classificação por equipas | Kas-Kaskol 1974 |
Gañador da clasificación de equipos por puntos | Gan-Mercier-Hutchinson 1974 |
Gañador da clasificación das metas volantes | Barry Hoban |
O Tour de Francia 1974 foi a 61ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 4098 quilómetros comezou o 27 de xuño na cidade bretoa de Brest, e rematou o 21 de xullo no Velódromo de Vincennes de París, pasando por un total de catro estados diferentes: Francia, Bélxica, Reino Unido e España.
Na carreira participaron 13 equipos, con 10 corredores por equipo, para un total de 130 corredores, dos cales remataron 105. As ausencias mais salientables eran o vixente gañador Luis Ocaña, o recente gañador da Vuelta a España José Manuel Fuente, o italiano Felice Gimondi e o neerlandés Joop Zoetemelk. Entre as presenzas máis importantes estaban Bernard Thévenet, Raymond Poulidor, Lucien Van Impe, Roger Pingeon, e sobre todo o recente gañador do Giro de Italia, o belga Eddy Merckx, que xa tiña 4 Tours no seu palmarés.
Vicente López Carril, do equipo KAS, presentouse como o único representante galego na carreira, cunha moi salientable participación, pois foi quen de acadar o 3º posto final na clasificación xeral, perdendo o 2º posto tan só na penúltima etapa contra o reloxo. Tamén acadou unha vitoria na 11ª tirada,[1] unha etapa alpina que remataba en Serre Chevalier, sacándolle 54 segundos a Eddy Merckx.[2]
Eddy Merckx levou posto o maillot amarelo en 17 das 22 etapas, facéndose con 8 vitorias parciais e co seu 5º Tour de Francia. Domingo Perurena acadou a vitoria na clasificación da montaña, e Patrick Sercu na clasificación por puntos. En ámbalas dúas clasificacións, Eddy Merckx ocupou o segundo posto.
Etapas
Etapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
Prólogo | 27 de xuño | Brest | 7,1 (CRI) | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
1.ª | 28 de xuño | Brest - Saint-Pol-de-Léon | 144 | Ercole Gualazzini | Joseph Bruyère |
2.ª | 29 de xuño | Plymouth - Plymouth | 163,7 | Henk Poppe | Joseph Bruyère |
3.ª | 30 de xuño | Morlaix - Saint-Malo | 190 | Patrick Sercu | Joseph Bruyère |
4.ª | 1 de xullo | Saint-Malo - Caen | 184.5 | Patrick Sercu | Eddy Merckx |
5.ª | 2 de xullo | Caen - Dieppe | 165 | Ronald De Witte | Gerben Karstens |
6.ª (1) | 3 de xullo | Dieppe - Harelbeke | 239 | Jean-Luc Molinéris | Patrick Sercu |
6.ª (2) | 3 de xullo | Harelbeke - Harelbeke | 9 (CRE) | Equipo Molteni | Gerben Karstens |
7.ª | 4 de xullo | Mons - Châlons-sur-Marne | 221.5 | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
8.ª (1) | 5 de xullo | Châlon-sur-Marne - Chaumont | 136 | Cyrille Guimard | Eddy Merckx |
8.ª (2) | 5 de xullo | Chaumont - Besançon | 152 | Patrick Sercu | Eddy Merckx |
9.ª | 6 de xullo | Besançon - Gaillard | 241 | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
10.ª | 7 de xullo | Gaillard - Aix-les-Bains | 131,5 | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
11.ª | 8 de xullo | Aix-les-Bains - Serre Chevalier | 199 | Vicente López Carril | Eddy Merckx |
12.ª | 10 de xullo | Savines-le-Lac - Orange | 231 | Jozef Spruyt | Eddy Merckx |
13.ª | 11 de xullo | Avignon - Montpellier | 126 | Barry Hoban | Eddy Merckx |
14.ª | 12 de xullo | Lodève - Colomiers | 248.5 | Jean-Pierre Genet | Eddy Merckx |
15.ª | 13 de xullo | Colomiers - La Seu d'Urgell | 225 | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
16.ª | 14 de xullo | La Seu d'Urgell - Pla d'Adet | 209 | Raymond Poulidor | Eddy Merckx |
17.ª | 15 de xullo | Saint-Lary-Soulan - Col du Tourmalet | 119 | Jean-Pierre Danguillaume | Eddy Merckx |
18.ª | 16 de xullo | Bagnères-de-Bigorre - Pau | 141.5 | Jean-Pierre Danguillaume | Eddy Merckx |
19.ª (1) | 17 de xullo | Pau - Bordeos | 195.5 | Francis Campaner | Eddy Merckx |
19.ª (2) | 18 de xullo | Bordeos - Bordeos | 12.4 (CRI) | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
20.ª | 19 de xullo | Saint-Gilles-Croix-de-Vie - Nantes | 117 | Gérard Vianen | Eddy Merckx |
21.ª (1) | 20 de xullo | Vouvray - Orleáns | 112.5 | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
21.ª (2) | 20 de xullo | Orleáns - Orleáns | 37.5 (CRI) | Michel Pollentier | Eddy Merckx |
22.ª | 21 de xullo | Orleáns - París | 146 | Eddy Merckx | Eddy Merckx |
- CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.
Clasificación final
Eddy Merckx acadou o seu 5º Tour de Francia, igualando a cifra récord de 5 Tours acadada 10 anos antes polo francés Jacques Anquetil. Os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 1974 quedou do seguinte xeito:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Eddy Merckx | Molteni | 116h 16' 58" | |
2 | Raymond Poulidor | Gan-Mercier | + 8' 04" |
3 | Vicente López Carril | KAS | + 8' 09" |
4 | Wladimiro Panizza | Brooklyn | + 10' 59" |
5 | Gonzalo Aja | KAS | + 11' 24" |
6 | Joaquim Agostinho | Bic | + 14' 24″ |
7 | Michel Pollentier | Carpentier | + 16' 34″ |
8 | Mariano Martínez | Sonolor | + 18' 33″ |
9 | Alain Santy | Gan-Mercier | + 19' 55″ |
10 | Herman Van Springel | Mic | + 24' 11″ |
O resultado final do Tour de Francia 1974 supuxo o primeiro podio dun ciclista galego na historia da carreira mais importante do mundo.
Notas
- ↑ Vídeo de López Carril no Galibier na 11ª etapa do Tour 1974 (en francés)
- ↑ 11ª etapa do Tour de Francia 1974 Arquivado 26 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en francés)