Frank Edwin Wright III, nado o 9 de decembro de 1972 en Frankfurt, Alemaña, e máis coñecido polo nome de Tré Cool, é un batería xermano-estadounidense que toca na banda de punk rockGreen Day. Substituíu o anterior batería do grupo, John Kiffmeyer, en 1991. Cool tamén tocou en The Lookouts, Samiam e os proxectos paralelos de Green Day The Network e Foxboro Hot Tubs.