Triana, Sevilla
Districte municipal de Triana (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Sevilla | ||||
Concello | Sevilla | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 46.926 (2023) (5.029,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,33 km² | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Santo padrón | Santiago o Maior e Santa Ana | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 41010 | ||||
Triana é un barrio da cidade de Sevilla, en España, e un dos once distritos en que está dividida para efectos administrativos a cidade.
Está situado no oeste do municipio. Limita ao sur co distrito de Los Remedios; ao leste, cos distritos Casco Antiguo e Macarena; ao norte, co distrito Norte e o municipio de Santiponce; e ao oeste, cos municipios de Camas, Tomares e San Juan de Aznalfarache.
Triana toma o seu nome do antigo barrio tradicional homónimo, situado xunto ao río Guadalquivir, á outra beira do núcleo histórico. O distrito inclúe a Illa da Cartuja, que está administrativamente dentro do barrio de Triana Oeste.
Barrios
- Barrio León
- El Tardón-El Carmen
- Triana Casco Antiguo
- Triana Este
- Triana Oeste