Tudanca
Tudanca é un concello da comunidade autónoma de Cantabria situado na zona occidental da comunidade a 96 quilómetros da capital, Santander.
Localización e características
Tudanca atópase no val do Nansa, polo que pertence á comarca de Saja-Nansa. A súa altitude máxima é de 1.815 metros e, a mínima de 244 metros. Tudanca é tamén un dos núcleos de poboación que compoñen o municipio. É o máis poboado e atópase a 3,3 km ao sur de Santotís, a capital municipal. Limita polo norte con Rionansa, polo sur con Polaciones, polo leste con Cabuérniga e a Mancomunidade Campoo-Cabuérniga e polo oeste con Rionansa e Polaciones
Localidades
- La Lastra, 51 hab.
- Santotís (Capital), 22 hab.
- Sarceda, 42 hab.
- Tudanca, 86 hab.
Economía
Un 38,2% da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 15,8% na construción, un 10,5% na industria e un 35,5% no sector servizos. Conta cunha taxa de actividade do 41,6% e unha taxa de paro do 17,4%. Predomina polo tanto o sector primario.
Patrimonio
Todo o casco do pobo de Tudanca está declarado ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico.
Demografía
Fonte: INE
Administración
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
|
Partido |
Votos
|
% |
Concelleiros
|
PP
|
97
|
49,74 %
|
3
|
PRC
|
97
|
49,74 %
|
2
|
- Alcalde electo: Manuel Grande Martínez (PP).
|
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
|
Partido |
Votos
|
% |
Concelleiros
|
PP
|
115
|
62,84 %
|
4
|
PRC
|
67
|
36,61 %
|
1
|
- Alcalde electo: Manuel Grande Martínez (PP).
|