USA Perpignan

USA Perpignan
NomePerpignanais
Fundación1902
SedePerpiñán, Francia
Estadio(s)Stade Aimé Giral
Capacidade14.593 espectadores espectadores
PresidenteFrancia Daniel Besson
AdestradorFrancia Marc Delpoux
Italia Giampiero De Carli
Cataluña Patrick Arlettaz
Liga(s)Top 14
2011-1211º
Casa
Fóra
Na rede
http://www.usap.fr/
Facebook: USAPOfficiel Twitter: usap_officiel Instagram: usapofficiel LinkedIn: sasp-usap Youtube: UCUZuZFU1VeHD9ZJJ3t3wnsQ Souncloud: usap-officiel Editar o valor en Wikidata
Seareiros da USAP

A Union Sportive des Arlequins Perpignanais (en francés) ou Unió Esportiva Arlequins de Perpinyà (en catalán), comunmente denominada como USAP en ambas linguas, é un equipo franco-catalán de rugby da cidade de Perpiñán, na comarca dos Pireneos Orientais. Na actualidade compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés.

Historia

Os comezos

O rugby chegou a Perpiñán en 1889, baixo o nome de Union Sportive du Lycée. O primeiro club civil, o Stade Roussillonnais foi fundado pouco despois, mais desaparece en 1902 para deixar paso aos que serían o comezo da USAP, ’Association Sportive Perpignanaise (ASP). Este equipo xogará coas cores vermello e ouro, cores da bandeira de Cataluña. En 1909, a ASP absorbe ao Perpignan Sportif, un club que foi fundado uns anos antes. En 1911, chega o primeiro título nacional, o da segunda división contra o equipo de Dole. Un ano despois prodúcese unha escisión dentro do club, así se crea o Stade Olympique Perpignanais (SOP). Este contratempo non impide á ASP facer boas tempadas na liga francesa de rugby, cunha semifinal en 1913 e sobre todo un título ao ano seguinte contra o Tarbes. A transformación que deu a vitoria ao equipo de Perpiñán a poucos instantes do final do partido xorede dun xove de 18 anos, chamado Aimé Giral, que morrerá na fronte durante a primeira guerra mundial, uns meses despois do falecemento, o club a xeito de homenaxe dálle o seu nome ao seu estadio, e se mantén na actualidade.

Por outro lado, o SOP, proclamouse campión de Francia na segunda división en 1913 (contra a AS Française 14-8).

A primeira idade de Ouro

A guerra interrompeu o desenvolvemento do club. En 1919, os dous clubs da cidade fusionáronse creando así a Union Sportive Perpignanaise (USP). O novo club adopta, as cores azul celeste para a camisola, o branco para os pantalóns e o vermello e amarelo nas medias. O motivo deste troco foi coma unha homenaxe aos xogadores mortos do club durante a guerra de 1914-1918, adoptando a cor azul dos uniformes franceses na guerra.

Iníciase unha época de éxito para o club de Perpiñán, que se consolidará como un dos máis importantes do campionato francés. O seu mellor ano foi 1921: os catro equipos que foron campións eran do Languedoc e os equipos I e II foron campións de Francia. Gañou o seu segundo campionato absoluto de Francia ante o Stade Toulousain en Béziers.

A USP disputou tres finais consecutivas (1924, 1925 e 1926), gañando a segunda contra a AS Carcassonne, e perdendo as outras dúas contra o seu grande rival occitano, o Stade Toulousain que durante aquela época, con 3 títulos era o dominador do rugby francés.

Durante aqueles anos, existía un segundo club de rugby en Perpiñán, o Club des Arlequins Perpignanais. O seu nome débese a que o club era moi pobre nos seus inicios, e decotío os xogadores, propietarios das súas camisolas, non as podían substituír cando estaban rotas e as arranxaban con anacos de tecido que non sempre eran da cor desexada, e de aí un parecido co vestido dun arlequín.

Da fusión USP-Arlequins ao penúltimo título

O 5 de maio de 1933, os dirixentes dos dous clubs deciden fusionarse. É así como nace a Union Sportive Arlequins Perpignan. En 1940, o nome é modificado, denominándose Union des Sports Athlétiques Perpignanais.

A USAP, que sería como se denominaría e se coñece na actualidade, disputa dúas novas finais, unha que perdeu en 1935, e outra que en cambio si gañou en 1938, estas dúas finais foron contra Biarritz. Un quinto título conclúe a etapa dourada da USAP, unha liga gañada contra o Bayona en 1944.

Porén, o Rosellón foi un lugar elixido para disputar partidos de rugby XIII, dende o final da Guerra. Este deporte, prohibido polo Réxime de Vichy, renaceu e atraeu ao cadro de xogadores da USAP. Dez campións de Francia de 1944 pasaron así a ser profesionais do rugby XIII.

A pesar de todo, a USAP reconstrúese e chega dúas veces máis ás finais. En 1952 foi derrotada polo FC Lourdes, que comezaba o seu período de dominación do rugby francés. Na segunda final, disputada en 1955 obtén o sexto título de liga, e terían que pasar 54 anos para que os seareiros da USAP disfruten do campionato de liga.

A época contemporánea

Salvando unha final perdida durante o ano 1977 contra a AS Béziers, a USAP convértese nun clásico do Top 14. Non desenvolve ningún papel importante. O último grande título do club será unha Challenge Yves du Manoir en 1994. A partir de 1997, o club volve aos postos importantes do rugby francés, mais sen chegar a impoñerse. En 1998 disputa unha nova final. É a primeira final que se disputa no Stade de France, a USAP foi vestida para a ocasión co amarelo e vermello, mais perdeu contra o Stade Français París. Logo no ano 2000, baixo a dirección de Olivier Saïsset, antigo adestrador e xogador da AS Béziers (o grande rival occitano de proximidade), o club chega sistematicamente ás fases finais do campionato. Disputa unha nova final, perdida en 2004 unha vez máis, contra o Stade Français París.

O USAP disputa regularmente a Heineken Cup. Logo dunha experiencia na tempada 1998-99, o club participa sistematicamente dende o ano 2001, a destacar a final perdida no 2003 contra o Stade Toulousain.

Saïsset marcha do club logo da derrota na final do campionato de 2004, e é substituído por Philippe Boher e Philippe Ducousso, que levan á USAP ata a semifinal do campionato contra Biarritz na tempada 2005-06 (perdendo por 9 a 12). En maio de 2006, Ducousso cede a súa praza a Franck Azéma.

En 2002 a USAP firmou un convenio de colaboración co Barcelona Universitari Club (BUC), a partir do cal o equipo de Barcelona pasouse a denominar USAP-Barcelona, este club estivo 2 tempadas en División de Honra, e na actualidade o club encóntrase en División de Honra B.

O 6 de xuño de 2009, no Stade de France de París, a USAP volveu a alzar o escudo de Brennus logo de gañar a súa sétima liga, desta vez contra a ASM Clermont Auvergne, por 22 a 13. Nun estadio cheo e miles de seareiros cataláns nas bancadas, o equipo de Jacques Brunel rompeu a seca de títulos do club, cunha magnífica segunda parte. A USAP, que quedara primeira durante a fase regular, xogaba a súa 15a final da liga nos máis de cen anos de historia que ten, das cales só gañara seis.

Na tempada seguinte, a 2009-10, o equipo volveu a acadar a final, novamente contra a ASM Clermont Auvergne, que desta vez foi o gañador.

Catalanismo

O catalanismo da USAP queda patente na simboloxía, cancións, peñas etc do club. Mantén unha forte relación co Fútbol Club Barcelona, con TV3 -patrocinador-, e ten un equipo filial en Barcelona (BUC-USAP-Barcelona), xogando na División de Honra B de rugby. A canción máis popular entre os seus seareiros é L'Estaca, de Lluís Llach, cantada a modo de himno.

Palmarés

Tempada actual

Francia Top 14 — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC BO BD
Auvernia ASM Clermont 91 26 19 1 6 779 418 8 5
Provenza-Alpes-Costa Azul RC Toulon 90 26 18 1 7 779 456 11 5
Mediodía-Pireneos Stade Toulousain 79 26 17 0 9 702 501 7 4
Mediodía-Pireneos Castres Olympique 74 26 15 2 9 599 489 4 6
Languedoc-Rosellón Montpellier Hérault 73 26 16 0 10 570 520 5 4
Illa de Francia Racing Métro 92 73 26 16 0 10 512 431 2 7
Languedoc-Rosellón USA Perpignan 61 26 13 0 13 593 607 2 7
Aquitania Aviron Bayonnais 57 26 12 1 13 467 609 1 6
Aquitania Biarritz Olympique 57 26 12 1 13 505 540 2 5
10º Illa de Francia Stade Français 54 26 12 1 13 578 691 2 2
11º Ródano-Alpes FC Grenoble 54 26 12 0 14 480 606 1 5
12º Aquitania Union Bordeaux Bègles 47 26 8 1 17 561 584 4 9
13º Aquitania SU Agen 31 26 6 0 20 423 709 0 7
14º Aquitania Stade Montois 16 26 2 0 24 374 761 1 7
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      as posicións de descenso directo (13º e 14º).

Ligazóns