Un franco, 14 pesetas

Un franco, 14 pesetas
Ficha técnica
Título orixinalUn franco, 14 pesetas
DirectorCarlos Iglesias
ProdutorSusana Maceiras
José Manuel Lorenzo
IntérpretesCarlos Iglesias
Enrique Cazorla
Isabel Blanco
Nieve de Medina
MúsicaMario de Benito
FotografíaTote Trenas
MontaxeLuisma del Valle
Estrea2006
Duración105 minutos
OrixeGalicia, España
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0479230 Filmaffinity: 271209 Allocine: 127537 Rottentomatoes: m/crossing-the-border-un-franco-14-pesetas Allmovie: v349584 TCM: 647104 Editar o valor em Wikidata

Un franco, 14 pesetas é unha coprodución galega dirixida e protagonizada por Carlos Iglesias estreada o 5 de maio de 2006. A actriz galega Isabel Blanco é unha das súas protagonistas.

Ten a súa continuación e segunda parte en 2 francos, 40 pesetas, estreada o 28 de marzo de 2014.

Sinopse

España 1960. Dous amigos, Martín (Carlos Iglesias) e Marcos (Javier Gutiérrez), deciden marchar a Suíza en busca de traballo. Deixan ás súas familias en España e emprenden unha viaxe cara a unha nova vida na Europa do progreso e as liberdades. Alí descubrirán unha mentalidade moi diferente, á que deberán adaptarse traballando como mecánicos nunha fábrica e vivindo nunha pequena vila industrial. Coa chegada de Pilar (Nieve de Medina), a muller de Martín, co seu fillo Pablo, e de Mª Carmen, a noiva de Marcos, termínaselles a vida de homes solteiros que levaban nun país con tanta liberdade. O traballo segue sendo o día a día de Martín e Pilar, mentres o pequeno Pablo comeza a ir ao colexio e a integrarse. Coa morte do pai de Martín, chegan á conclusión de que o que foran a buscar xa o conseguiron e é hora de regresar. Para a súa sorpresa, será máis difícil a volta que a ida.

Equipo artístico

  • Carlos Iglesias como Martín
  • Javier Gutiérrez como Marcos
  • Nieve de Medina como Pilar
  • Isabel Blanco como Hanna
  • Iván Martín como Pablito
  • Tim Frederic Quast como Pablo
  • Eloísa Vargas como Luisa
  • Aldo Sebastianelli como Tonino
  • Ángela del Salto como Mari Carmen
  • Fely Manzano como Amalia
  • Iñaki Guevara como Alberto
  • Isabelle Stoffel como Erika
  • Raúl Pazos como Lorenzo
  • Miguel de Lira como Gallego
  • Carmen Rossi como Paz

Equipo técnico

  • Director: Carlos Iglesias
  • Produtores executivos: Susana Maceiras, Mario Pedraza
  • Produtores: José Manuel Lorenzo, Eduardo Campoy, Susana Maceiras
  • Asistente de dirección: Paco Periñan, Óscar Pedraza
  • Director de fotografía: Tote Trenas
  • Montaxe: Luisma del Valle
  • Música: Mario de Benito
  • Vestiario: José María De Cossío, Puy Uche
  • Maquillaxe: Óscar Aramburu, Sara Márquez

Premios

  • Festival de Cine Español de Málaga, Sección Oficial 2006: Premio Mellor Fotografía, Premio do Público, Premio Alma - Mellor Guionista Novel.
  • Primavera Cinematográfica de Lorca, Sección Oficial de Novos Realizadores: Premio ao Mellor Guión, Premio do Xurado Popular.
  • Festival de Cine Opera Prima Ciudad de Tudela, Sección Oficial: Premio Ciudad de Tudela á mellor película.
  • Premio valores humanos Jose Couso-Julio Parrado na XI semana del cine y de la Imagen de Fuentes de Ebro (2006).
  • Seleccionada en: Lorcano, Tarazona, Montréal, Donostia, Carabanchel, Copenhague, Tolosa, Pamplona, Hamburgo, Madridimagen, Valladolid, International Latino Film Festival San Francisco Bay Area.
  • Premio á mellor longametraxe nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007).
  • Premios Mestre Mateo a Jesús Alonso como mellor director de produción; Sara Márquez e Óscar Aramburu]] como mellor maquillaxe e peiteado; Carlos Iglesias como autor do mellor guión; Isabel Blanco como mellor actriz protagonista.

Véxase tamén

Ligazóns externas