Unionistas de Salamanca Club de Fútbol
Unionistas de Salamanca | |||
---|---|---|---|
Nome | Unionistas de Salamanca Club de Fútbol | ||
Fundación | 26 de agosto de 2013 (11 anos) | ||
Estadio | Reina Sofía, Salamanca, España | ||
Capacidade | 4.895 | ||
Propietario | 3.161 socios | ||
Presidente | Miguel Ángel Sandoval Herrero | ||
Adestrador | Raúl Casañ | ||
Liga | Primeira RFEF – Grupo 1 | ||
2020–21 | 2ª B – Grupo 1 (A), 2.º de 10 2ª B – Grupo 2 (C), 4.º de 6 | ||
Na rede | |||
http://www.unionistascf.com/ | |||
| |||
O Unionistas de Salamanca Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de Salamanca, en Castela e León. Actualmente compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF.
Foi fundado o 26 de agosto de 2013 por varios membros da Platamorma de Aficionados Unionistas e outros seguidores e afeccionados da UD Salamanca como homenaxe a ese equipo, desaparecido o 18 de xuño do mesmo ano. O club é xestionado democraticamente polos seus propios afeccionados, cun voto por cada socio.
Estadio
O equipo xoga os seus partidos no Estadio Municipal Reina Sofía, propiedade do Concello de Salamanca, con capacidade para 4.895 espectadores.
Na tempada 2014/15 xogou os seus partidos no campo municipal Rosa Colorado, coñecido comunmente como "La Sindical", e posteriormente xogou nas Pistas do Helmántico, ata a construción das actuais instalacións.
Datos do club
Historial por tempadas
Tempada | Categoría | Posto | Copa |
---|---|---|---|
2014/15 | 1ª Provincial | 1º | |
2015/16 | 1ª Rexional | 1º | |
2016/17 | 3ª | 3º | |
2017/18 | 3ª | 1º | |
2018/19 | 2ª B | 9º | 2ª rolda |
2019/20 | 2ª B | 16º | 1/32 de final |
2020/21 | 2ª B | 2º / 4º | |
2021/22 | 1ª RFEF | 7º | 2ª rolda |
2022/23 | 1ª Fed. | 7º | |
2023/24 | 1ª Fed. |
Palmarés
- Terceira División (1): 2017-18
- Rexional de Castela e León (1): 2015-16
- Provincial de Salamanca (1): 2014-15