Universidade San Pablo CEU
Universidade San Pablo CEU | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Madrid |
Datos actuais | |
Reitor | Rosa Visiedo Claverol |
Alumnos | 10.000 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Julián Romea 23. 28003 Madrid |
Páxina web | USP-CEU |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade San Pablo CEU, é unha universidade privada española situada en Madrid. Pertence á Asociación Católica de Propagandistas.
Historia
A Universidade San Pablo CEU é unha universidade privada, recoñecida pola Lei 8/1993 e creada pola Fundación Universitaria San Pablo CEU, obra da Asociación Católica de Propagandistas (ACdP).
O marco legal que fixo posible a Universidade está constituído polo artigo 27.6 da Constitución española, que se concreta na Lei de Reforma Universitaria de 1983.
O día 22 de febreiro de 1994, foi inaugurada polos Reis de España.
Campus
A Universidade San Pablo CEU posúe dous campus; un campus situado en Moncloa e outro en Montepríncipe.
Facultades e escolas
Facultades e escolas da Universidade San Pablo CEU:
Facultade / Escola | Campus |
---|---|
Facultade de Dereito | Moncloa |
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais | Moncloa |
Facultade de Humanidades e Ciencias da Comunicación | Moncloa |
Facultade de Medicina | Montepríncipe |
Facultade de Farmacia | Montepríncipe |
Escola Politécnica Superior | Montepríncipe |