Universidade de San Carlos
Universidade de San Carlos | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1595 |
Fundador | Antonio Sedeno, Pedro Chirino, Antonio Pereira |
Datos actuais | |
Profesores | 800 |
Alumnos | 15000 |
Datos de contacto | |
Páxina web | www.usc.edu.ph |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de San Carlos é unha universidade fundada a finais do século XVI con sede en Manila, Filipinas.
Historia
Foi fundada como Colexio de San Ildefonso polos xesuítas Antonio Sedeno, Pedro Chirino e Antonio Pereira en Cebú, Filipinas, o 1 de agosto de 1595.
Debido a discrepancias de cando considerar a data de fundación (construción, permiso real, nomeamento ou data dos primeiros estudos impartidos), a Universidade de San Carlos dispútase xunto á Universidade de Santo Tomás, fundada o 28 de abril de 1611 en Manila, polo título da universidade máis antiga existente en Asia[1][2].
Siglas
O nome da Universidade de San Carlos é abreviado como USC, o mesmo que a Universidade de Santiago de Compostela (fundada en 1495), a Universidade do Sur de California, University of South Carolina nos Ánxeles (fundada en 1880), a Universidade de Carolina do Sur, University of South Carolina, Columbia (fundada en 1801 como South Carolina College), a Universidade do Sur do Caribe University of Southern Caribbean en Trinidad e Tobago (fundada en 1927) e a Universidade Santiago de Cali, Universidad Santiago de Cali en Cali, Colombia (fundada en 1958).
Programas académicos
Os seguintes programas académicos e curriculares son ofrecidos polas diferentes escolas da universidade:
- Preescolar/Montessori
- Escola primaria (grados 1-6)
- Escuela secundaria (7º a 10º curso)
- Senior High School (cursos 11º-12º)
- Facultade de Arquitectura, Belas Artes e Deseño
- Facultade de Artes e Ciencias
- Facultade de Economía e Empresa
- Facultade de Educación
- Facultade de Enxeñaría
- Facultade de Profesións Sanitarias
- Facultade de Dereito e Gobernanza
A USC alberga estudos de Posgrao que ofrece programas na Facultade de Arquitectura, Belas Artes e Deseño, Facultade de Artes e Ciencias, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Facultade de Educación, Escola de Enxeñaría, Escola de Profesións Sanitarias e Facultade de Dereito e Gobernanza.
Notas
- ↑ "Fundación de la primera Universidad de Asia". IPS Formación (en castelán). 2021-04-28. Consultado o 2022-07-10.
- ↑ "UST, USC engages in friendly debate – Today's CAROLINIAN". web.archive.org. 2019-04-22. Archived from the original on 22 de abril de 2019. Consultado o 2022-07-10.