Universidade Camilo José Cela
Universidade Camilo José Cela | |
---|---|
Tipo | universidade privada |
Data de fundación | 2000 |
Nomeado en referencia a | Camilo José Cela |
En | Madrid, Villafranca del Castillo e Villanueva de la Cañada |
País | España |
40°26′48″N 4°00′18″O / 40.44667, -4.00496 | |
Na rede | |
https://www.ucjc.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Camilo José Cela (UCJC) é unha universidade privada, propiedade da Institución Educativa SEK, localizada en Villanueva de la Cañada, Comunidade de Madrid.
Historia
Foi fundada ao amparo da Lei 18/1998 (BOE de 16 de abril de 1999) e trátase dunha das universidades máis novas e modernas de España, e a que máis crecemento experimentou no número proporcional de alumnos na última década, segundo o Instituto Nacional de Estadística. No 2009, recibiu o Premio Madrid Excelente da Comunidade de Madrid á Confianza dos Clientes en recoñecemento á excelencia na súa xestión e no seu sistema de calidade. A iso sumouse a certificación de calidade ISO 9001-2000 obtida en 2007. Así mesmo, en 2010, a UCJC foi galardoada co Premio Nacional do Deporte por ser a universidade española que máis destacou na promoción e fomento do deporte.
A UCJC ofrece actualmente unha ampla oferta académica, máis de 40 graos e dobres titulacións, algúns deles exclusivos, e máis de 140 posgraos entre oficiais e propios. Así mesmo, a Universidade, a través das súas Cátedras Extraordinarias e os seus Institutos, ofrece numerosos cursos dirixidos tanto a universitarios como a profesionais.
A Universidade conta con dúas sedes localizadas en Madrid: Sede Ferraz e Madrid-Villafranca.
Campus
- Campus de Villanueva de la Cañada con máis de 100.000 m² de infraestruturas, grandes espazos verdes e residencias de estudantes. Inclúe a sede do UCJC Sports Club, un club deportivo que conta con máis de 30.000m2 dedicados a gran número de disciplinas deportivas, o benestar e a saúde.
- Sede de Ferraz, un edificio completamente reformado e dotado dun equipamento de vangarda para os alumnos profesionais e de posgrao.
Escolas e facultades
- Escola Superior de Arquitectura e Tecnoloxía.[1]
- Facultade de Ciencias Sociais e da Educación.[2]
- Facultade de Ciencias da Comunicación.[3]
- Facultade de Ciencias da Saúde.[4]
- Facultade de Ciencias Xurídicas e Económicas.[5]
Cátedras
As Cátedras da UCJC teñen como finalidade profundar e investigar en diferentes aspectos docentes, achegando novas perspectivas no currículo universitario:
- Cátedra Camilo José Cela de Estudos Hispánicos.
- Cátedra Ferran Adrià de Cultura Gastronómica e Ciencias da Alimentación.
- Cátedra Conchita Sánchez de Investigación para a Educación Matemática.
- Cátedra do Mar.
- Cátedra EuroEspes de Biotecnoloxía e Xenómica.
- Cátedra Felipe Segovia de Innovación Educativa.
- Cátedra Federico Maior de Cultura de Paz.
- Cátedra Olímpica Marqués de Samaranch.
- Juan Antonio Samaranch (2002).
- Antonio Lamela (2007).
- Santiago Calatrava (2011).
- Nicholas Negroponte (2010).
- Bernardo Hernández (2010).
- Howard Gardner (2011).
- Joseph Renzulli (2011).
- Kim Jung Haengn (2012).
- Stephen G. Wozniak (2013).
- Juan Manuel Santos Calderón (2014).[6]
Galería de fotos
-
Edificio da Escola Superior de Arquitectura e Tecnoloxía
-
Residencia feminina «Camila Trulock» dentro do campus da universidade
-
Vista posterior da Biblioteca da UCJC
Notas
- ↑ "Escuela Superior de Arquitectura y Tecnología". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ "Facultad de Ciencias Sociales y de la Educación". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 15 de decembro de 2015.
- ↑ "Facultad de Ciencias de la Comunicación".
- ↑ "Facultad de Ciencias de la Salud".
- ↑ "Facultad de Ciencias Jurídicas y Económicas".
- ↑ "Doctor Honoris Causa Juan Manuel Santos en El Mundo".