Varese
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Provincias | Provincia de Varese ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 78.409 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua italiana ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 54,84 km² ![]() | ||||
Altitude | 382 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Arcisate (pt) ![]() Gavirate (pt) ![]() Galliate Lombardo (pt) ![]() Cazzago Brabbia (pt) ![]() Gazzada Schianno (pt) ![]() Lozza (pt) ![]() Induno Olona (pt) ![]() Luvinate (pt) ![]() Malnate (pt) ![]() Castello Cabiaglio (pt) ![]() Cantello (pt) ![]() Biandronno (pt) ![]() Azzate (pt) ![]() Casciago (pt) ![]() Bodio Lomnago (pt) ![]() Buguggiate (pt) ![]() Brinzio (pt) ![]() Vedano Olona (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Vítor da Mauritânia (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Davide Galimberti (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21100 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0332 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 012133 ![]() | ||||
Código catastral italiano | L682 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.varese.it ![]() | ||||
![]() |
Varese é unha cidade italiana, capital da provincia homónima, na Lombardía. En 2010, Varese tiña 81.922 habitantes, cunha densidade de 1.517 hab./km².
Historia
Dise que o seu nome deriva dun termo celta, var, que significa auga, en canto atópase nas veciñanzas dun lago, que leva o seu nome, o Lago de Varese. Era chamada "Città Giardino" (Cidade xardín), grazas ao moito verde que se podía atopar no ámbito e en particular no casco antigo, o que contribuían sen dúbida os xardíns e os parques das moitas vilas que aquí foron construídas.
A cidade de Varese atópase nunha posición característica, aos pés do "Sacro Monte dei Varese" (Sacro Monte de Varese), que forma parte do Macizo do "Campo dei fiori" (Campo das flores) e é sede dun observatorio astronómico, ademais de do Centro Xeofísico Prealpino, unha estación meteorolóxica dirixida polo doutor Salvatore Furia. A sección que ocupa a parte media da montaña toma o nome de Santa María do Monte debido ao santuario medieval, ao cal se chega pola avenida das catorce capelas do Sacro Monte. A sinalar na marxe máis baixa da cidade, o homónimo lago que a roza a nivel dalgunhas construcións.
Economía
A economía de Varese baséase principalmente na industria e na agricultura intensiva. Algunhas firmas famosas de Varese son: Aermacchi (avións), Agusta (helicópteros), Cagiva (motocicletas), Former Ignis (parte de Whirlpool) (electrónica). A cidade de Varese deuse a coñecer a nivel internacional grazas aos éxitos do seu equipo de baloncesto, o Pallacanestro Varese, que é o segundo club máis laureado de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa.