"Vasoline" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativoStone Temple Pilots, editada como segundo sinxelo do seu álbum Purple en xuño de 1994. O tema estivo no primeiro posto da lista da BillboardMainstream Rock Tracks durante dúas semanas. A introdución do tema ten un son estraño, creado por Robert DeLeo ao pasar o seu baixo a través dun pedal wah-wah para conseguir ese efecto. A letra da canción foi escrita por Scott Weiland. "Vasoline" tamén apareceu nos recompilatorios Thank You e Buy This.