Veas dixitais
Veas dixitais | |
---|---|
As veas no dorso da man. | |
Latín | rete venosum dorsale manus |
Sitio(s) drenado(s) | man |
Orixe | veas metacarpais |
Drena en | vea cefálica, vea basílica |
As veas dixitais ou veas dixitais dorsais son un conxunto de veas do membro superior humano, pertencentes á man. Recollen o sangue venoso da man, dende os dedos. Cada parella de veas drena un dedo e posúen pólas transversais que as comunican entre si. As veas dixitais rematan nas veas metacarpais ou metacarpais dorsais.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.