Veld

Highveld ao norte de Johannesburgo.
Bushveld.
Gacela saltadora (Antidorcas marsupialis) no Etosha National Park, Namibia.

Co nome neerlandés e afrikaans de Veld coñécense as praderías da África meridional, particulartmente ás chairas cubertas de herba ou mato baixo, especialmente no norte e o nordeste de Suráfrica e en Lesotho, Eswatini, Zimbabue, Botswana e Namibia.

Os diferentes velds

O Veld divídese en varias áreas diferenciadas:

  • O Alto Veld ou Highveld, meseta que conforma a ecorrexión da pradería do Alto Veld.
  • O Baixo Veld ou Lowveld.
  • O Veld intermedio ou Middleveld.
  • O Veld arborado ou Bushveld.
  • O Veld espiñento ou Thornveld.

O bushveld, bosque subtropical do sur de África, foi definido oficialmente como ecorrexión polo World Wide Fund for Nature.[1]

Notas

  1. "Southern Africa bushveld" Terrestrial Ecoregions. World Wildlife Fund.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Veld en Academic Dictionaires and Encylopedias (en inglés)