Venceslau I de Bohemia (duque)

Infotaula de personaVenceslau I de Bohemia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(cs) Svatý Václav Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 907 Editar o valor en Wikidata
Bohemia Central Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 935 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Stará Boleslav Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Vito Editar o valor en Wikidata
Duque de Bohemia
13 de febreiro de 921 – 28 de setembro de 935
← Vratislau I de BohemiaBoleslau I de Bohemia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa28 de setembro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Bohemia Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Premíslida Editar o valor en Wikidata
FillosZbraslav Editar o valor en Wikidata
PaisVratislau I de Bohemia Editar o valor en Wikidata  e Drahomíra Editar o valor en Wikidata
IrmánsBoleslau I de Bohemia e Spytihněv Přemyslovec Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Přemyslovci-2

Venceslau I de Bohemia ou San Venceslau I de Bohemia (en checo Václav), nado contra o ano 907 en Praga (Bohemia) e finado o 28 de setembro de 935 en Stará Boleslav (Bohemia), foi o duque de Bohemia dende 921 ata o seu asasinato en 935, presuntamente nun complot ideado polo seu propio irmán, Boleslav o Cruel. Venceslau era fillo de Vratislav I, duque de Bohemia da dinastía dos Přemyslovci.

Traxectoria

En 921, cando Venceslau contaba con 13 anos de idade, seu pai morreu, sendo el criado pola súa avoa, Santa Ludmila, baixo a influencia cristiá nun territorio aínda pagán no que o cristianismo tiña pouca difusión.

En 924 ou 925 Venceslau asumiu o goberno, apoiando a nova relixión e chamando a misioneiros de Alemaña. A defensa da nova relixión fíxolle loitar contra boa parte da nobreza, contraria ao catolicismo, entre eles súa nai Dramomira e seu irmán Boleslav. Logo de gañar o trono, con apenas 18 anos derrotou ao rebelde duque da Kouřim, chamado Radslav.

Foi el quen fundou a que actualmente é coñecida como Catedral de San Vito, no Castelo de Praga.

En setembro de 935, un grupo de nobres aliados co irmán máis novo de Venceslau,(Boleslaw I de Bohemia, alcumado o Cruel), descontentos con el, conspiraron para matalo. Deste xeito tres deles (Tira, Čsta e Hněvsa), no momento no que facía o camiño cara a igrexa, asasinárono. Foi con ese acto co que Boleslau asumiu o cargo de novo duque de Bohemia e seu irmán máis vello pasou a ser visto como mártir católico.

O corpo de San Venceslau foi sepultado en Praga, na Igrexa de San Vito.

Os devotos locais comezaron a veneración ao corpo e San Venceslau é hoxe patrón da República Checa, de Eslovaquia e de Bohemia.