Venecias
Venecias | |
---|---|
Título orixinal | Venises |
Autor/a | Paul Morand |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 176 |
ISBN | ISBN 978-84-939647-3-3 |
Tradución | Alejandro Tobar |
[ editar datos en Wikidata ] |
Venecias[1] (en francés: Venises, é unha obra literaria do académico francés Paul Morand que foi publicada por vez primeira en 1971 pola Editorial Gallimard. A extensión é algo superior a 200 páxinas.[2]
Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.[1]
Características
O libros, escrito na última etapa creativa do autor, ten como referente a cidade de Venecia vista a ollos de Morand. Trátase dun libro clásico, con multitude de referencias e digresións. É un relato novelado en primeira persoa que recolle o espírito dunha cidade acompañada dos seus pazos e mansións, dunha vida de alta sociedade, e diversas narracións doutras viaxes (a Londres, a París, a Moscova etc.) das que o autor dá conta con detalle. É, segundo a crítica, o testamento literario deste polémico autor en lingua francesa asociado decote co réxime de Vichy, co que tivo trato.[4]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Venecias. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-3-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Ficha do libro Venises de Paul-Morand (en francés)
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
- ↑ Paul Morand: the politics and practice of writing in post-war France de Kimberly Philpot van Noort.