Vicente Rodríguez Guillén
Vicente | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Vicente Rodríguez Guillén | ||
Nacemento | 16 de xullo de 1981 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Valencia | ||
Altura | 1,76 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Brighton & Hove Albion | ||
Número | 15 | ||
Carreira xuvenil | |||
Benicalap | |||
Levante | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–2000 | Levante | 54 | (9) |
2000–2011 | Valencia | 243 | (36) |
2011– | Brighton & Hove Albion | 4 | (1) |
Selección nacional | |||
1997–1998 | España sub-16 | 11 | (1) |
1998–1999 | España sub-17 | 15 | (6) |
1999–2000 | España sub-18 | 7 | (1) |
2000–2001 | España sub-21 | 11 | (1) |
2001–2005 | España | 38 | (3) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Vicente Rodríguez Guillén, coñecido simplemente como Vicente, nado en Valencia o 16 de xullo de 1981, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Brighton & Hove Albion FC.
Traxectoria
Empezou a xogar no Benicalap CF, o principal equipo do seu barrio, do cal pasou a formar parte do Levante UD. No ano 2000, tras cinco anos no equipo granota, chega ao Valencia CF e logra o subcampionato de Europa. Gañou a liga 2001-2002. A súa mellor tempada coa camiseta do Valencia é a 2003-2004, cando se converte no mellor xogador de España e segundo a FIFA entrou entre os tres mellores do mundo. O Valencia gaña ese ano a Liga e a Copa da UEFA.
O 29 de setembro de 2004 lesiónase nun partido de Liga de Campións contra o Werder Bremen no nocello esquerdo. Tras varios tratamentos con diferentes médicos volveu xogar unha serie de partidos, aínda que seguía con molestias polo que decidiu ir a Bélxica para ser tratado polo doutor Martens. Diagnosticóuselle unha "calcificación no calcáneo do nocello" esquerdo da cal operoulle. Despois do tempo estipulado de recuperación volveu o 30 de abril do 2005 na 34ª xornada de Liga ante o CD Numancia onde marcou un gol, e terminou a Liga sen problemas como titular.
A tempada 2005-06 xogou a un bo nivel ata que na xornada 19 vólvese a lesionar no nocello, esta vez no dereito, reaparece na xornada 37.
Na campaña 2006-07 vólvese a lesionar tras unha dura entrada do xogador do Celta de Vigo Iriney, reaparece en Mestalla contra o RCD Espanyol onde marcou un gol tras unha boa parede entre el e David Villa, tres días despois en Stamford Bridge ante o Chelsea FC nun partido de Liga de Campións, volve lesionarse. Pérdese o resto da tempada para non forzar a súa recuperación. A tempada 2007-08 volve dar un rendemento irregular, con novas lesións, esta vez unha fisura nun dedo do pé e diversos problemas musculares.
Selección nacional
Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 38 ocasións. O seu debut produciuse o 28 de marzo de 2001 en Valencia, no partido España 2-1 Francia.
Palmarés
- Valencia
- Liga de España: 2001–02, 2003–04
- Copa da UEFA: 2003–04
- Supercopa de Europa: 2003–04
- Copa do Rei: 2007–08