Viviane Forrester
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fr) Viviane Dreyfus 29 de setembro de 1925 16º distrito de París, Francia |
| Morte | 30 de abril de 2013 7º distrito de París, Francia |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Biografía, globalización e Occidente |
| Ocupación | escritora, ensaísta, crítica literaria, prosista |
| Empregador | Le Nouvel Obs (pt) Le Monde |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Premios | |
| |
Viviane Forrester, nada en París o 29 de setembro de 1925 e finada na mesma cidade o 30 de abril de 2013, foi unha escritora e ensaísta francesa.
Traxectoria
Estivo en España en 1943 fuxindo da persecución nazi. Traballou como crítica literaria do diario francés Le Monde. Tamén colaborou coas publicacións Le Nouvel Observateur e La Quinzaine littéraire e é especialista nas obras da escritora Virginia Woolf e do pintor Vincent Van Gogh.
Autora de diversas publicacións, destacan especialmente as súas obras L'Horreur économique (1996, coa que se deu a coñecer mundialmente) e Une étrange dictature (2000) nas que critica duramente o proceso de globalización económica e defende a tese de que as institucións financeiras internacionais están protagonizando un "golpe de estado mundial a cámara lenta".
É unha das fundadoras da organización non gobernamental Attac.