Volvo
| Volvo Personvagnar AB | |
|---|---|
| Tipo | Sociedade Anónima |
| Fundación | 14 de abril de 1927 |
| Matriz | Zhejiang Geely Holding Group |
| Localización | Gotemburgo |
| Fundador | SKF, Assar Gabrielsson e Gustav Larson |
| Persoas clave | Li Shufu (Director), Stefan Jacoby (Presidente e CEO), Hans-Olov Olsson (Vice Presidente) |
| Industria | Automóbil |
| Produtos | Automóbiles Motores |
| Número de empregados | 21.512 (2011) |
| Na rede | |
| https://www.volvogroup.com/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles turismos, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción.

Foi fundada en Gotemburgo en 1927 polo enxeñeiro Gustav Larson e o economista Assar Gabrielsson. En 1999 vendeu a filial Volvo Car Corporation a Ford Motor Company, que á súa vez a vendeu en 2010 á empresa chinesa Geely Automobile.[1]
O nome da empresa vén do latín, do verbo "rodar". O emblema, o círculo e a frecha, é o símbolo do deus grego Apolo, usado polos alquimistas para referirse ao aceiro co que se fabricaron os primeiros vehículos.
Son os organizadores da Volvo Ocean Race, a regata que dá a volta ao mundo mediante embarcacións de vela.
Notas
- ↑ Félix Cerezo (23 de decembro de 2009). "Ford vende Volvo a la china Geely". El Mundo (en castelán).