Vonda Shepard
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1963 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Grupo étnico | Branco estadounidense ![]() |
Cor dos ollos | Castaño escuro ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical ![]() |
Ocupación | cantante, compositora, actriz, guitarrista, cantautora, actriz de televisión ![]() |
Período de actividade | 1987 ![]() |
Xénero artístico | Música rock, música pop, acoustic rock (en) ![]() ![]() |
Tesitura | Contralto ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Reprise Records Epic Records Warner Records 550 Music Sony Music ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | vondashepard.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Vonda Shepard, nada en Nova York o 7 de xullo de 1963, é unha cantante estadounidense de rock/pop.
Traxectoria
A súa familia mudouse para California cando ela era bastante nova. Desde nova foi unha boa pianista e durante anos despois tivo varios traballos como cantante de apoio, conseguindo finalmente o seu propio contrato de gravación.
En 1987 gravou un dueto con Dan Hill titulado "Can't We Try". Lanzou o seu primeiro álbum en 1989. Acadou sona polas súas aparicións na serie de televisión Ally McBeal, na que interpretou o papel dunha música residente dun bar onde os personaxes do show normalmente bebían despois do traballo. Adoptou os papeis de pianista, guitarrista e baixista.
Mentres estivo na serie gravou dous álbums máis, amais de dúas seleccións de bandas sonoras de Ally McBeal. Logo Vonda lanzou dous álbums máis en estudo e máis recentemente un álbum ao vivo Live: A Retrospective (2005).
Vonda está casada co produtor musical Mitchell Froom, co que tivo o seu primeiro fillo o 15 de abril de 2006.
Álbums
- Vonda Shepard 1989 US: Reprise Records, pola Vesper Alley Records en 1998
- The Radical Light 1992 US: Reprise Records, pola Vesper Alley Records en 1998
- It's Good, Eve 1996 US: Vesper Alley Records / UK: Epic Records
- Songs From Ally McBeal 1998 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records #3 /España: #1
- By 7:30 1999 US: Jacket Records / UK: Epic Records #39
- Heart and Soul: New Songs From Ally McBeal 1999 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records #9
- Chinatown 2002 US: Jacket Records / UK: Edel Music
- Live: A Retrospective 2005 US: Jacket Records
Coleccións
- Ally McBeal: A Very Ally Christmas 2000 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records
- Ally McBeal: For Once in My Life Soundtrack 2001 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records
Sinxelos de Ally McBeal
- "Searchin' My Soul" #1 España
- "Hooked On A Feeling" #7 España
- "Maryland"
- "Tell Him" #29 España
- "Read Your Mind"
- "This Old Heart Of Mine"
- "Baby Don't You Break My Heart Slow" (canda Emily Saliers de Indigo Girls)
- "Someday We'll Be Together"
- "Confetti"
- "Love Is Alive" (canda Anastacia)
- "Chances Are" (canda Robert Downey Jr.)